Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
O 26 de novembro de 2024 publicouse no DOG a Resolución do 19 de novembro de 2024 da Comisión de Selección, coas puntuacións definitivas do baremo correspondente ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, nos distintos grupos.
O punto 2 da base V da Resolución do 20 de decembro de 2022 dispón que, rematado o proceso selectivo, a Comisión de Selección publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
Pola súa banda, a base III.5 da citada Resolución do 28 de decembro de 2022 determina que:
A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións do concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.
A orde de prelación dos aspirantes, en función das puntuacións obtidas neste concurso, publicarase na web do Inega.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se unha persoa se presenta a varias prazas e obtén a máxima puntuación en máis dunha, deberá optar por unha delas, renunciando ás outras no prazo de dez (10) días hábiles tras a publicación da prelación anteriormente citada. Se non o fai, entenderase que renuncia a todas as prazas.
No caso de renuncia a unha praza por parte dun participante, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeadas persoal laboral fixo.
Cómpre considerar igualmente o disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece as seguintes regras especiais no desenvolvemento dos procesos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:
1. Coa finalidade de acadar unha efectiva redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico. Neste caso, a persoa aspirante deberá comunicarlle ao órgano convocante a súa opción e será excluída doutro proceso, e o seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo. A dita exclusión non suporá dereito a compensación.
2. Coa mesma finalidade que a indicada no punto anterior, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos nesta lei deberán permanecer en servizo activo na dita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.
En aplicación da citada Lei 5/2022 e das bases da convocatoria, os aspirantes José Ángel Abad Sánchez e María Teresa Ortiz de Cosca Cao presentan escritos dos cales a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) dá traslado a esta comisión e nos cales os aspirantes manifestan a súa opción.
Tendo en conta todo o anterior, na sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2026, a Comisión de Selección nomeada pola Resolución do 18 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril), encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado la Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega),
RESOLVE:
Primeiro. Relación de aspirantes que superaron o proceso
Aprobar a relación de aspirantes que, tendo en conta o número de prazas convocadas, superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización por orde de puntuacións acadadas no concurso de méritos dos distintos grupos e categorías convocadas, segundo se recolle no anexo a esta resolución.
Segundo. Relación complementaria das persoas que superaron o proceso selectivo
Co fin de asegurar a cobertura de vacantes que, de ser o caso, se produzan, aprobar por orde de puntuación a relación de persoas aspirantes para os efectos de dar cumprimento ao establecido na base III.5 da Resolución do 28 de decembro de 2022.
Terceiro. Proposta de nomeamento
Elevar á Dirección da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a proposta de nomeamento da relación de aspirantes que superaron o proceso como persoal laboral fixo da Axencia, sen prexuízo do disposto no artigo 11.1 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia e facendo unha interpretación das bases en función do dito precepto.
Cuarto. Publicación
A publicación desta resolución realizarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) tal como se establece no punto 2 da base V da Resolución do 28 de decembro de 2022, así como no portal corporativo da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
Quinto. Recursos
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a Dirección da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
Paula Oliete Trillo
Presidenta da Comisión de Selección
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
e proposta de nomeamento
– Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/enxeñeiro industrial.
Número de prazas: 1.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
José Ángel Abad Sánchez |
***6146** |
100,00 |
Listaxe de suplencias.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Carolina Pantín Portela |
***6355** |
75,80 |
|
Manuel Benigno Suárez Graña |
***3758** |
30,00 |
– Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/enxeñaría/física.
Número de prazas: 1.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
María Rosa Núñez Pardo de Vera |
***8997** |
87,50 |
Listaxe de suplencias.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Carolina Pantín Portela |
***6355** |
75,80 |
|
Roberto Vieito Raña |
***3839** |
46,25 |
|
Manuel Benigno Suárez Graña |
***3758** |
30,00 |
– Grupo I, categoría 4. Técnico/a I de apoio á certificación enerxética de edificios.
Número de prazas: 1.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Carolina Pantín Portela |
***6355** |
75,80 |
Listaxe de suplencias.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Manuel Benigno Suárez Graña |
***3758** |
30,00 |
– Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/economía.
Número de prazas: 2.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Yolanda Nélida Zotes Tarrío |
***9798** |
91,50 |
|
Rosa María Barreiro Mera |
***5467** |
69,33 |
Listaxe de suplencias.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Pilar Pérez Pazos |
***2116** |
55,58 |
|
María Victoria Rosende Otero |
***1677** |
51,38 |
|
Beatriz Alcalde García |
***1078** |
37,88 |
|
Lorena Alonso Suárez |
***9493** |
31,47 |
– Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/xurídico.
Número de prazas: 1.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Zoila Fernández Maceiras |
***8338** |
88,20 |
Listaxe de suplencias.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Rosa María Díaz de Burgos |
***0933** |
67,18 |
|
Silvia Rodríguez Carou |
***6929** |
51,62 |
|
Juan Manuel García Sexto |
***9229** |
50,13 |
|
María Cristina Reza Conde |
***9785** |
46,00 |
|
Juan José Martínez Villaverde |
***1068** |
44,44 |
|
Ana Belén Abella López |
***7578** |
39,03 |
– Grupo II, categoría 7. Técnico/a I control financeiro e contabilidade.
Número de prazas: 1.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
José Antonio Vázquez Rodríguez |
***6892** |
36,42 |
– Grupo III, categoría 91. Técnico/a mantemento de equipos e sistemas.
Número de prazas: 1.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Jaime Eduardo Iglesias Paz |
***0300** |
68,00 |
Listaxe de suplencias.
|
Nome |
NIF |
Total puntuación |
|
Darío Román Gómez Sánchez |
***1054** |
55,50 |
