DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0313/2026-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0313/2026-V.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 30 de xuño de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0313/2026-V

51295165J

Inicio