
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes fondos, en concreto de conformidade co regulado no anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade ás actuacións obxecto de encargos a medios propios, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e na demais normativa de aplicación, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Datos xerais:
1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Encargos a medios propios personificados:
3.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Comunidade Autónoma de Galicia.
3.2. Obxecto: execución do proxecto de obra OH.315.1267-actuacións de mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia. Noia (A Coruña).
3.2.1. Clave do expediente: ENC.23007.
3.2.2. Código/s CPV: código/s CPV principal 45252100-9 (traballos de construción de plantas depuradoras de augas residuais) e CPV adicional 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
3.2.3. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES111.
3.2.4. Empresa destinataria do encargo: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), con NIF A28476208.
3.2.5. Data de aprobación: 11 de xullo de 2023.
3.2.6. Data de formalización: 14 de xullo de 2023.
3.2.7. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 14 de xullo de 2023.
3.2.8. Orzamento e importe total previsto do gasto:
3.2.8.1. Orzamento: 2.324.711,77 euros (actuación non suxeita a IVE).
3.2.8.2. Importe total previsto do gasto: 2.324.711,77 euros. Coincide co orzamento do encargo.
3.2.9. Modificación do encargo: importe do orzamento do modificado 611.922,76 euros (actuación non suxeita a IVE. e ampliación do prazo de execución da obra en 3 meses respecto do previsto no encargo inicial. Modificación publicada no perfil de contratante o 28 de novembro de 2024.
3.2.10. Duración:
3.2.10.1. Prazo de execución: 10 meses.
3.2.10.2. Admisión de prórrogas do encargo: non proceden prórrogas con incremento do gasto.
3.2.10.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/s posibles/s ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que sexan necesarias.
3.2. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.
3.3. Obxecto: execución do servizo para a asistencia técnica á dirección facultativa e o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial na obra OH.315.1267 - Actuacións de mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia. Noia (A Coruña).
3.3.1. Clave do expediente: ENC.23008.
3.3.2. Código/s CPV: código/s CPV 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil. e 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
3.3.3. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES111.
3.3.4. Empresa destinataria do encargo: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (Seaga), con NIF A70096557.
3.3.5. Data da aprobación: 9 de agosto de 2023.
3.3.6. Data da formalización: 18 de agosto de 2023.
3.3.7. Data da publicación da formalización documental no perfil de contratante: 22 de agosto de 2023.
3.3.8. Orzamento e importe total previsto do gasto:
3.3.8.1. Orzamento: 92.736,64 euros (actuación non suxeita a IVE).
3.3.8.2. Importe total previsto do gasto: 148.378,62 euros.
3.3.9. Modificación do encargo: importe do orzamento do modificado 37.094,66 euros (actuación non suxeita a IVE. e incremento do prazo de execución do servizo de 4 meses respecto do previsto no encargo inicial. Modificación publicada no perfil de contratante o 28 de novembro de 2024.
3.3.10. Duración:
3.3.10.1. Prazo de execución: 10 meses.
3.3.10.2. Admisión de posibles prórrogas do encargo: si proceden prórrogas con incremento do gasto, ata un máximo de 6 meses.
3.3.10.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/s posible/s ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que sexan necesarias.
4. Información sobre os proxectos ou programas cofinanciados con fondos da Unión Europea relacionados coas actuacións obxecto dos encargos a medios propios:
Actuacións de obras e servizos hidráulicos cofinanciadas pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
As actuacións encádranse dentro do programa no obxectivo político OP2: unha Europa máis verde, baixa en carbono en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade de investimento P2F: economía circular e eficiencia en recursos; obxectivo específico 2.5: o fomento do acceso á auga e dunha xestión hídrica sustentable; liña de actuación 2.5.05: investimentos en materia de saneamento e depuración necesarios para o cumprimento das directivas en materia de augas; ámbito de intervención 065: recollida e tratamento de augas residuais; operación: mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Muros e Noia. Aglomeración de Noia.
Así mesmo, por mor do cofinanciamento co programa Galicia Feder 2021-2027, resulta aplicable, ademais do referido Regulamento (UE) núm. 2021/1060, o Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.
5. Servizo do que se pode obter información sobre os encargos formalizados.
5.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
5.2. Enderezo: Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
5.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
5.4. Código postal: 15781.
5.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
5.6. Fax: 981 95 74 03.
5.7. Teléfono: 981 95 74 01.
Outras informacións:
6.1. Cofinanciamento das actuacións co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
O cofinanciamento europeo inicialmente previsto das actuacións durante a tramitación do expediente e a execución destas foron cos fondos da Unión Europea procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
Non obstante, procedeuse ao cambio do seu cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, por ter as actuacións seleccionadas encaixe no dito programa ao resultaren axustadas e conformes co contido e coa normativa de aplicación ás axudas cofinanciadas cos fondos Feder.
6.2. Actuacións compatibles co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio «Do no significant harm»-DNSH).
Ás actuacións resultoulles de aplicación durante a súa execución o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do dito Regulamento (UE) 2021/1060, isto é, as actuacións non incidiron negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088 (Regulamento de taxonomía): mitigación do cambio climático; adaptación ao cambio climático; uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños; economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos; prevención e control da contaminación á atmosfera, á auga ou ao solo; e protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas. O dito regulamento establece a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientalmente sustentables.
As actuacións son compatibles co principio DNSH, de acordo coa documentación que rexe nelas, ao non xeraren impactos negativos significativos no ambiente en atención á súa propia natureza e características específicas.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
