DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39313

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de xullo de 2026 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural xustifícase coa finalidade de adaptar a estrutura organizativa e funcional dos servizos vinculados ao dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais e polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

Contén a creación dunha estrutura específica adscrita á Dirección Xeral de Defensa do Monte e destinada á Unidade de Directores/as de Extinción (UDEX), así como a adecuación da configuración de determinados postos vinculados ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), mediante a súa inclusión no acordo de condicións específicas.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e mais a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 13 de xullo de 2026, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación o posto que a seguir se menciona en aplicación do criterio de excepcionalidade que se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

CÓDIGO DO POSTO

POSTO

CRITERIO

MR.C03.00.000.15770.050

AXENTE COORDINADOR AUTONÓMICO UDEX

ASESORAMENTO E DEPENDENCIA DIRECTA DUN ALTO CARGO

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de xullo de 2026 relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir o dito acordo, e de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file