No Diario Oficial de Galicia número 76, do 24 de abril de 2026, publícase a Resolución do 10 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS633A).
Unha vez instruído o procedemento de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, valoradas as solicitudes en atención aos criterios de selección e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite a resolución de adxudicación, coa cal finaliza o procedemento.
A base décimo novena da Resolución do 10 de abril de 2026 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos de notificación.
Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 15 de xuño de 2026 ditada no procedemento de asignación do concerto social para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo (código de procedemento BS633A), que se xunta a esta resolución como anexo, e coa que finaliza o procedemento.
Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizaranse os concertos coas entidades seleccionadas.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestar ás persoas usuarias os servizos nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Resolución de adxudicación
Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se asigna o concerto social para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo (código de procedemento BS633A)
Antecedentes de feito:
Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 76, do 24 de abril de 2026, publicouse a Resolución do 10 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS633A).
Segundo. No prazo establecido, presentáronse á convocatoria as seguintes entidades:
|
Data e número de entrada Rexel |
Entidade |
NIF |
Lote e concello |
|
20.5.2026 2026/1504690 |
Asociación Síndrome de Down da Coruña |
G15731466 |
1- A Coruña |
|
21.5.2026 2026/1537561 |
Fundación Down Compostela |
G70040258 |
2-Santiago de Compostela |
|
20.5.2026 2026/1505181 |
Asociación Síndrome de Down Lugo |
G27202043 |
3-Lugo |
|
19.5.2026 2026/1488479 |
Asociación Down Ourense |
G32311870 |
4-Ourense |
|
25.5.2016 2026/1574383 |
Asociación Autismo Ourense |
G32249484 |
4-Ourense |
|
19.5.2026 2026/1494663 |
Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down |
G36697324 |
5-Vigo |
Terceiro. O 26 de maio de 2026 reuniuse a Comisión de Valoración establecida na base décimo sexta da citada resolución de convocatoria, co obxecto de comprobar que as entidades que presentaron a solicitude para o concerto social, con código de procedemento BS633A, cumpren cos requisitos establecidos na base sétima da convocatoria e achegaron a documentación exixida na base décimo primeira.
Unha vez examinada a documentación presentada polas entidades solicitantes acordouse, en primeiro lugar, admitir as seguintes, por cumpriren cos requisitos establecidos e achegaren de forma correcta e completa a documentación exixida, dentro do prazo establecido na convocatoria:
|
Data e número de entrada Rexel |
Entidade |
NIF |
Lote e concello |
|
21.5.2026 2026/1537561 |
Fundación Down Compostela |
G70040258 |
2-Santiago de Compostela |
|
20.5.2026 2026/1505181 |
Asociación Síndrome de Down Lugo |
G27202043 |
3-Lugo |
|
19.5.2026 2026/1488479 |
Asociación Down Ourense |
G32311870 |
4-Ourense |
|
19.5.2026 2026/1494663 |
Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down |
G36697324 |
5-Vigo |
En segundo lugar, acordouse requirir a entidade Asociación Síndrome de Down da Coruña para que acreditase suficientemente os importes sinalados no formulario de solicitude de participación (anexo II) e na declaración responsable da entidade para a solvencia técnica ou profesional referida aos servizos de logopedia prestados a persoas usuarias fóra do contrato.
Por último, acordouse a exclusión da entidade Asociación Autismo Ourense por non reputarse solvente técnica ou profesionalmente debido a que os traballos relacionados no formulario de solicitude de participación na convocatoria (anexo II) non foron executados durante os tres últimos anos concluídos na data de fin de presentación das solicitudes, tal e como se exixe no punto segundo da base novena da resolución de convocatoria.
Cuarto. O 27 de maio de 2026 requiriuse por medios electrónicos o representante da entidade Asociación Síndrome de Down da Coruña para a achega da documentación acreditativa da solvencia técnica ou profesional referida aos servizos de logopedia prestados a persoas usuarias fóra do contrato.
Estes documentos foron achegados pola entidade o 2 de xuño de 2026.
Quinto. O 9 de xuño de 2026 reuniuse a Comisión de Valoración para o exame da documentación achegada pola entidade Asociación Síndrome de Down da Coruña.
Unha vez analizada esta, compróbase que a entidade cumpre cos requisitos establecidos na base sétima da convocatoria e que achegou a documentación exixida na base décimo primeira.
Con base nisto, acórdase a súa admisión no procedemento de concertación.
Sexto. O 11 de xuño de 2026 a Comisión de Valoración reuniuse por terceira vez para comprobar que as entidades admitidas neste procedemento de concertación achegaron a documentación acreditativa dos criterios de selección, segundo o disposto nos números 2 e 3 da base décimo sétima da convocatoria.
Unha vez estudada e revisada a documentación, concluíuse que todas as entidades admitidas no procedemento achegaron os documentos necesarios para a súa execución e valoración.
En consecuencia, a Comisión de Valoración avaliou a referida documentación, de acordo coa valoración de cada criterio de selección, establecida no número 3 da base décimo sétima da convocatoria:
1. A antigüidade da entidade: 1 punto por cada ano completo de antigüidade da inscrición da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), cun máximo de 20 puntos.
2. A experiencia da entidade na prestación dos servizos obxecto de concerto, 1 punto por cada ano de experiencia, cun máximo de 20 puntos.
3. A aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade na execución do concerto, cun máximo de 10 puntos.
4. A calidade do proxecto de intervención presentado pola entidade, cun máximo de 40 puntos.
5. Melloras: asignaranse ata 5 puntos aos servizos e ata 5 puntos á intensidade horaria, cun máximo de 10 puntos.
As puntuacións obtidas polas entidades admitidas ao procedemento son as seguintes:
|
Lote 1: A Coruña |
|
|
Entidade: Asociación de Síndrome de Down da Coruña |
NIF: G15731466 |
|
Criterios |
Puntuación |
|
Antigüidade da entidade |
20 puntos |
|
Experiencia da entidade |
10 puntos |
|
Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral |
10 puntos |
|
Proxecto de intervención |
30 puntos |
|
Melloras ofertadas |
10 puntos |
|
Total |
80 puntos |
|
Lote 2: Santiago de Compostela |
|
|
Entidade: Fundación Down Compostela |
NIF: G70040258 |
|
Criterios |
Puntuación |
|
Antigüidade da entidade |
19 puntos |
|
Experiencia da entidade |
10 puntos |
|
Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral |
10 puntos |
|
Proxecto de intervención |
33 puntos |
|
Melloras ofertadas |
0 puntos |
|
Total |
72 puntos |
|
Lote 3: Lugo |
|
|
Entidade: Asociación Síndrome de Down Lugo |
NIF: G27202043 |
|
Criterios |
Puntuación |
|
Antigüidade da entidade |
20 puntos |
|
Experiencia da entidade |
10 puntos |
|
Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral |
10 puntos |
|
Proxecto de intervención |
33 puntos |
|
Melloras ofertadas |
10 puntos |
|
Total |
83 puntos |
|
Lote 4: Ourense |
|
|
Entidade: Asociación Down Ourense |
NIF: G32311870 |
|
Criterios |
Puntuación |
|
Antigüidade da entidade |
20 puntos |
|
Experiencia da entidade |
10 puntos |
|
Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral |
10 puntos |
|
Proxecto de intervención |
32 puntos |
|
Melloras ofertadas |
10 puntos |
|
Total |
82 puntos |
|
Lote 5: Vigo |
|
|
Entidade: Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down |
NIF: G36697324 |
|
Criterios |
Puntuación |
|
Antigüidade da entidade |
20 puntos |
|
Experiencia da entidade |
10 puntos |
|
Aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral |
10 puntos |
|
Proxecto de intervención |
33 puntos |
|
Melloras ofertadas |
10 puntos |
|
Total |
83 puntos |
Fundamentos xurídicos:
Primeiro. De conformidade co establecido na base décimo quinta da resolución de convocatoria, a instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Segundo. Os números 2, 4 e 5 da base décimo sexta da resolución de convocatoria establecen:
«2. A Comisión de Valoración será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de baremación establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.
4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo cos criterios de selección e preferencia establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.
5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver o concerto».
Terceiro. Segundo a base décimo oitava da resolución de convocatoria, a resolución do concerto social correspóndelle, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,
RESOLVO:
Primeiro. Asignar os lotes 1, 2, 3, 4 e 5 do concerto social para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo (código de procedemento BS633A), ás entidades que se relacionan no anexo I, nos termos e nas contías que figuran neste, con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.312D.228.2, segundo os módulos económicos que se detallan:
|
Servizo |
Prezo/hora sen IVE |
|
Formación prelaboral |
46,65 € |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
46,65 € |
|
Logopedia |
46,65 € |
Segundo. Asinar os concertos sociais coas entidades seleccionadas dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, conforme o disposto na base vixésimo primeira da resolución de convocatoria, en concordancia co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A resolución de concertación publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que terá os efectos de notificación, consonte dispón a base décimo novena da resolución de convocatoria e o artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Todo iso de conformidade co establecido nos artigos 112, 114, 115, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 8, 14.2 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que consideren procedente.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Base décimo oitava da Resolución do 10 de abril de 2026). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.
ANEXO I
|
Lote |
1-A Coruña |
|||||||||
|
Expediente |
BS633A |
|||||||||
|
Entidade |
Asociación Síndrome de Down da Coruña |
NIF |
G15731466 |
Número rexistro RUEPSS |
E-1262 |
|||||
|
Enderezo |
Avenida Pedralonga, 74 A, 15009 A Coruña |
|||||||||
|
Duración |
Desde o 16 de xullo de 2026 ao 15 de xullo de 2029 |
|||||||||
|
Ano |
01010901 Formación prelaboral (320 horas por anualidade completa) |
01010505 Logopedia (200 horas por anualidade completa) |
01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais (560 horas por anualidade completa) |
Total concerto |
Achega Admón. |
|||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||||
|
2026 |
6.904,20 € |
- |
6.904,20 € |
4.338,45 € |
12.082,35 € |
- |
12.082,35 € |
23.325,00 € |
20.292,75 € |
|
|
2027 |
14.928,00 € |
- |
14.928,00 € |
9.330,00 € |
26.124,00 € |
- |
26.124,00 € |
50.382,00 € |
43.832,34 € |
|
|
2028 |
14.928,00 € |
- |
14.928,00 € |
9.330,00 € |
26.124,00 € |
- |
26.124,00 € |
50.382,00 € |
43.832,34 € |
|
|
2029 |
8.023,80 € |
- |
8.023,80 € |
4.991,55 € |
14.041,65 € |
- |
14.041,65 € |
27.057,00 € |
23.539,59 € |
|
|
Total servizo |
44.784,00 € |
- |
44.784,00 € |
27.990,00 € |
78.372,00 € |
- |
78.372,00 € |
151.146,00 € |
131.497,02 € |
|
|
Total lote |
131.497,02 € |
|||||||||
|
Lote |
2-Santiago de Compostela |
||||||||||
|
Expediente |
BS633A |
||||||||||
|
Entidade |
Fundación Down Compostela |
NIF |
G70040258 |
Número rexistro RUEPSS |
E-2066 |
||||||
|
Enderezo |
Rúa Alejandro Novo González, 1, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña |
||||||||||
|
Duración |
Desde o 16 de xullo de 2026 ao 15 de xullo de 2029 |
||||||||||
|
Ano |
01010901 Formación prelaboral (1.600 horas por anualidade completa) |
01010505 Logopedia (450 horas por anualidade completa) |
01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais (670 horas por anualidade completa) |
Total concerto |
Achega Admón. |
||||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
|||||
|
2026 |
34.567,65 € |
- |
34.567,65 € |
9.703,20 € |
14.461,50 € |
- |
14.461,50 € |
58.732,35 € |
51.097,14 € |
||
|
2027 |
74.640,00 € |
- |
74.640,00 € |
20.992,50 € |
31.255,50 € |
- |
31.255,50 € |
126.888,00 € |
110.392,56 € |
||
|
2028 |
74.640,00 € |
- |
74.640,00 € |
20.992,50 € |
31.255,50 € |
- |
31.255,50 € |
126.888,00 € |
110.392,56 € |
||
|
2029 |
40.072,35 € |
- |
40.072,35 € |
11.289,30 € |
16.794,00 € |
- |
16.794,00 € |
68.155,65 € |
59.295,42 € |
||
|
Total servizo |
223.920,00 € |
- |
223.920,00 € |
62.977,50 € |
93.766,50 € |
- |
93.766,50 € |
380.664,00 € |
331.177,68 € |
||
|
Total lote |
331.177,68 € |
||||||||||
|
Lote |
3- Lugo |
|||||||||
|
Expediente |
BS633A |
|||||||||
|
Entidade |
Asociación Síndrome de Down de Lugo |
NIF |
G27202043 |
Número rexistro RUEPSS |
E-0916 |
|||||
|
Enderezo |
Rúa Miguel de Cervantes, 34 baixo, 27003 Lugo |
|||||||||
|
Duración |
Desde o 16 de xullo de 2026 ao 15 de xullo de 2029 |
|||||||||
|
Ano |
01010901 Formación prelaboral (300 horas por anualidade completa) |
01010505 Logopedia (100 horas por anualidade completa) |
01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais (145 horas por anualidade completa) |
Total concerto |
Achega Admón. |
|||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||||
|
2026 |
6.484,35 € |
- |
6.484,35 € |
2.145,90 € |
3.125,55 € |
- |
3.125,55 € |
11.755,80 € |
10.227,55 € |
|
|
2027 |
13.995,00 € |
- |
13.995,00 € |
4.665,00 € |
6.764,25 € |
- |
6.764,25 € |
25.424,25 € |
22.119,10 € |
|
|
2028 |
13.995,00 € |
- |
13.995,00 € |
4.665,00 € |
6.764,25 € |
- |
6.764,25 € |
25.424,25 € |
22.119,10 € |
|
|
2029 |
7.510,65 € |
- |
7.510,65 € |
2.519,10 € |
3.638,70 € |
- |
3.638,70 € |
13.668,45 € |
11.891,55 € |
|
|
Total servizo |
41.985,00 € |
- |
41.985,00 € |
13.995,00 € |
20.292,75 € |
- |
20.292,75 € |
76.272,75 € |
66.357,30 € |
|
|
Total lote |
66.357,30 € |
|||||||||
|
Lote |
4-Ourense |
||||||||||
|
Expediente |
BS633A |
||||||||||
|
Entidade |
Asociación Down Ourense |
NIF |
G32311870 |
Número rexistro RUEPSS |
E-1799 |
||||||
|
Enderezo |
Rúa Río Camba, 6, 32001 Ourense |
||||||||||
|
Duración |
Desde o 16 de xullo de 2026 ao 15 de xullo de 2029 |
||||||||||
|
Ano |
01010901 Formación prelaboral (250 horas por anualidade completa) |
01010505 Logopedia (100 horas por anualidade completa) |
01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais (120 horas por anualidade completa) |
Total concerto |
Achega Admón. |
||||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
|||||
|
2026 |
5.411,40 € |
- |
5.411,40 € |
2.145,90 € |
2.612,40 € |
- |
2.612,40 € |
10.169,70 € |
8.847,64 € |
||
|
2027 |
11.662,50 € |
- |
11.662,50 € |
4.665,00 € |
5.598,00 € |
- |
5.598,00 € |
21.925,50 € |
19.075,19 € |
||
|
2028 |
11.662,50 € |
- |
11.662,50 € |
4.665,00 € |
5.598,00 € |
- |
5.598,00 € |
21.925,50 € |
19.075,19 € |
||
|
2029 |
6.251,10 € |
- |
6.251,10 € |
2.519,10 € |
2.985,60 € |
- |
2.985,60 € |
11.755,80 € |
10.227,55 € |
||
|
Total servizo |
34.987,50 € |
- |
34.987,50 € |
13.995,00 € |
16.794,00 € |
- |
16.794,00 € |
65.776,50 € |
57.225,57 € |
||
|
Total lote |
57.225,57 € |
||||||||||
|
Lote |
5-Vigo |
|||||||||
|
Expediente |
BS633A |
|||||||||
|
Entidade |
Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down |
NIF |
G36697324 |
Número rexistro RUEPSS |
E-0153 |
|||||
|
Enderezo |
Rúa Real, 27, 36202 Vigo |
|||||||||
|
Duración |
Desde o 16 de xullo de 2026 ao 15 de xullo de 2029 |
|||||||||
|
Ano |
01010901 Formación prelaboral (1.800 horas por anualidade completa) |
01010505 Logopedia (900 horas por anualidade completa) |
01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais (1.130 horas por anualidade completa) |
Total concerto |
Achega Admón. |
|||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||||
|
2026 |
38.859,45 € |
- |
38.859,45 € |
19.453,05 € |
24.397,95 € |
- |
24.397,95 € |
82.710,45 € |
71.958,09 € |
|
|
2027 |
83.970,00 € |
- |
83.970,00 € |
41.985,00 € |
52.714,50 € |
- |
52.714,50 € |
178.669,50 € |
155.442,47 € |
|
|
2028 |
83.970,00 € |
- |
83.970,00 € |
41.985,00 € |
52.714,50 € |
- |
52.714,50 € |
178.669,50 € |
155.442,47 € |
|
|
2029 |
45.110,55 € |
- |
45.110,55 € |
22.531,95 € |
28.316,55 € |
- |
28.316,55 € |
95.959,05 € |
83.484,38 € |
|
|
Total servizo |
251.910,00 € |
- |
251.910,00 € |
125.955,00 € |
158.143,50 € |
- |
158.143,50 € |
536.008,50 € |
466.327,41 € |
|
|
Total lote |
466.327,41 € |
|||||||||
