Mediante a Orde do 25 de novembro de 2025, Diario Oficial de Galicia do 26 de xaneiro de 2026, convocáronse os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2025 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Tramitado o procedemento establecido na orde e de conformidade co disposto no artigo 14, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 19 de maio de 2026, a Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se adxudican os premios de fin de carreira.
A dita resolución establece no artigo 1 que se conceda o premio fin de carreira ao alumnado universitario que se inclúe no anexo, e no artigo 4 que se denegue o premio ao alumnado que nese mesmo anexo se relaciona como listaxe das persoas non premiadas, pola causa que en cada caso se sinala.
Segundo o disposto no artigo 14 da orde de convocatoria e no artigo 6 da resolución de concesión, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición contra a dita resolución, que esgota a vía administrativa, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte o da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cristina Rodríguez Rodríguez interpón, en tempo e forma, fronte á dita resolución recurso potestativo de reposición. O dito recurso foi resolto mediante a Resolución do 8 de xullo de 2026, que estima na súa totalidade as pretensións formuladas pola recorrente no senso de que lle foi asignada, tras a rectificación realizada pola UVigo, e para os efectos do previsto no artigo 12 da orde de convocatoria, unha nota media superior á asignada inicialmente pola dita universidade.
A estimación do recurso, tendo en conta a puntuación acadada, supón a inclusión da persoa recorrente como premiada no anexo da Resolución do 30 de abril de 2026 correspondente ás persoas premiadas na titulación de grao en Educación Infantil.
En consecuencia, de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 25 de novembro de 2025, a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro
Modificar a parte do anexo da resolución correspondente á listaxe das persoas premiadas e incluír na epígrafe de Ciencias Sociais e Xurídicas a:
|
Nº expediente |
Apelidos e nome |
NIF |
Titulación/s |
Univ. |
Importe (€) |
|
ED415A-2026-00000163-00 |
Rodríguez Rodríguez, Cristina |
***6475** |
Grao en Educación Infantil |
UVigo |
3.500 |
Segundo
Modificar o anexo da resolución na parte correspondente á listaxe das persoas non premiadas e incluír a:
|
Nº expediente |
Apelidos e nome |
NIF |
Titulación |
Univ. |
Motivo da denegación |
|
ED415A-2026-00000199-00 |
Vila Costas, Paula |
***8752** |
Grao en Educación Infantil |
UVigo |
Nota inferior á da persoa premiada |
Terceiro
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 25.11. 2025;
DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 2026)
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades
