DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39277

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2026 que pon fin ao procedemento de subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental (códigos de procedemento PR483C e PR483D), tramitado en virtude da Orde do 16 de xaneiro de 2026 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026 (Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro).

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 25, do 6 de febreiro, publicouse a Orde do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026, que se tramitou como expediente anticipado de gasto. Esta orde foi modificada pola Orde do 10 de xuño de 2026 para ampliar a dotación orzamentaria da liña en concorrencia competitiva (DOG núm. 110, do 15 de xuño).

Segundo. Durante o prazo establecido para o efecto, ao abeiro da liña en concorrencia competitiva, presentaron solicitudes as entidades que se relacionan nos anexos a esta resolución e que forman parte dela.

Terceiro. No Diario Oficial de Galicia número 110, do 15 de xuño, publicouse a Orde do 10 de xuño de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria da liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental a que se refire o antecedente primeiro.

Cuarto. O 10 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Administración Local, órgano competente para a tramitación do procedemento, emitiu un informe en que recolle as actuacións realizadas para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

Quinto. As solicitudes de subvención completas e que cumprían os requisitos de admisión foron examinadas por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración Local, da que formaron parte as persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia ou quen as substituíu, e actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, sen voto e para levantar acta. A dita comisión elaborou unha proposta mediante acta motivada na súa reunión do día 15 de xuño de 2026.

Sexto. O 30 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Administración Local elevou a proposta de resolución deste procedemento de subvencións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A norma reguladora desta convocatoria é a Orde do 16 de xaneiro de 2026, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026, que se tramitou como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PR483C e PR483D), publicada no DOG núm. 25, do 6 de febreiro, e modificada pola Orde do 10 de xuño de 2026 para ampliar a dotación orzamentaria da liña en concorrencia competitiva (DOG núm. 110, do 15 de xuño).

As características principais da regulación son as seguintes:

1. Programa e crédito orzamentario: as subvencións faranse efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.04.141A.461.0 e 761.0 (código de proxecto 2015 00167), ata unha contía máxima de 3.096.551,47 €), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

2. Finalidade da axuda: actuacións de investimento e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, que respondan a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e mais á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.

c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

3. Entidades destinatarias: poden ser beneficiarios desta subvención os concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, as mancomunidades de concellos e os consorcios locais de Galicia, que reúnan os requisitos exixidos nas bases reguladoras.

Segunda. Consonte o disposto no artigo 23 e na disposición derradeira primeira da Orde do 16 de xaneiro de 2026, xa citada, en relación co previsto no artigo 3.5 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería (DOG núm. 117, do 18 de xuño), correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local, por delegación da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a resolución deste procedemento de subvencións.

Terceira. De conformidade co disposto no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 das bases reguladoras, o órgano xestor emitiu un informe en que se recollen as actuacións realizadas na instrución deste procedemento e se relacionan as solicitudes completas e que cumprían os requisitos previstos nas bases reguladoras e demais normativa aplicable, polo que pasan á fase de avaliación. Estas solicitudes foron examinadas pola comisión prevista no artigo 23 das bases, que as valorou conforme os criterios fixados no artigo 24, do que quedou constancia mediante acta motivada.

Cuarta. Conforme o artigo 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en concordancia co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución notificarase a todas as entidades interesadas mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinta. Por outra banda, o artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoñen que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa ou crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior, con base no informe do órgano xestor, na acta motivada da Comisión de Valoración e na proposta da Dirección Xeral de Administración Local,

RESOLVO:

1. Conceder as subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para 2026, destinadas a entidades locais de Galicia (PR483C) e a concellos asociados ou agrupados (PR483D), ás entidades que se relacionan por orde alfabética no anexo I, para as actuacións e polas contías que para cada unha se consignan.

2. Comprometer o gasto polo importe total das subvencións concedidas que ascende a 3.083.033,78 €, distribuído entre as aplicacións orzamentarias que se indican a seguir, adecuadas para tal fin e nas cales existe crédito suficiente, coa tramitación do documento D que soporte contablemente este acto:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

05.04.141A.461.0

2015 00167

318.047,63

05.04.141A.761.0

2015 00167

2.764.986,15

Total

3.083.033,78

3. Desestimar as demais solicitudes que se relacionan por orde alfabética no anexo II, por non ter acadado a puntuación mínima para acceder ás subvencións, sen prexuízo do previsto no artigo 36 das bases reguladoras, para o que se respectará, en todo caso, a orde de prelación establecida pola Comisión de Valoración na súa acta.

4. Inadmitir as solicitudes das entidades que se relacionan no anexo III por non ter acreditado o cumprimento dalgún dos requisitos exixidos na orde de convocatoria antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, polas causas que para cada unha se indica.

5. Aceptar de plano a desistencia da solicitude presentada que se detalla no anexo IV, de conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Ter por desistidas da súa petición as entidades relacionadas no anexo IV, que non atenderon o requirimento de emenda de erros ou omisións na documentación presentada, nos termos indicados pola Dirección Xeral de Administración Local, dentro do prazo máximo e improrrogable de dez (10) días concedido para o efecto, consonte o establecido no artigo 22 das bases reguladoras e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Sen prexuízo do disposto nas bases reguladoras e na demais normativa aplicable, a concesión das subvencións ás entidades beneficiarias queda suxeita ás seguintes condicións:

a) Aceptación: de conformidade co artigo 26 da orde, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela ou ben comunicar a renuncia á subvención concedida. Para as subvencións concedidas a agrupacións ou asociacións de concellos, o escrito de renuncia deberá vir subscrito pola persoa representante de cada un dos concellos. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

A aceptación da subvención implica, en todo caso, o compromiso de execución completa do proxecto que fundamentou a resolución de concesión.

b) Obrigas das entidades beneficiarias: están recollidas no artigo 27 das bases reguladoras sen prexuízo da obriga do cumprimento da restante normativa de aplicación, nomeadamente en materia de subvencións.

En particular, as entidades beneficiarias están obrigadas a executar o proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamenta a resolución de concesión, de conformidade co especificado nas memorias e/ou proxectos presentados e nos orzamentos que os integran, sen prexuízo da modificación das características do proxecto subvencionado que o órgano competente poida autorizar consonte as prescricións da normativa de aplicación.

c) Execución dos proxectos subvencionados e prazo de xustificación: o prazo para a realización e xustificación das actuacións subvencionadas remata o 31 de outubro de 2026, sen que exista a posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e aboamentos á conta. As entidades beneficiarias deben executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa, indicada nos artigos 30 a 32 das bases, no prazo referido.

A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei.

d) O pagamento da subvención realizarase de acordo co custo do proxecto executado e xustificado. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión, ata o límite do importe concedido.

En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supoñer unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

e) De conformidade co artigo 3.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades ás entidades locais galegas, e para os efectos do establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Sen prexuízo do anterior, o concello beneficiario está obrigado a acreditar documentalmente, mediante xustificante de transferencia bancaria, a efectividade dos pagamentos dos gastos correspondentes á actuación subvencionada nos prazos e na forma establecidos no artigo 35 das bases reguladoras.

f) Perda do dereito ao cobramento da subvención: as causas da perda do dereito ao cobramento da subvención, total ou parcial, establécense no artigo 34 das bases reguladoras, sen prexuízo de calquera outra causa que derive da normativa aplicable á subvención.

g) Publicidade do financiamento: todas as entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir as obrigas de información e publicidade establecidas no artigo 29 das bases reguladoras.

h) Subcontratación: os concellos beneficiarios poderán concertar con terceiros a execución total do proxecto que constitúe o obxecto da subvención nos termos establecidos no artigo 28 das bases reguladoras.

Contra a resolución deste procedemento, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 16.1.2026;
DOG núm. 25, do 6 de febreiro; e artigo 3 da Orde do 12.6.2024;
DOG núm. 117, do 18 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local

ANEXO I

Subvencións concedidas

Núm. de expediente

Entidade local

Proxecto

Subvención GGFF (€)

Subvención investimentos (€)

Subvención total (€)

PR483C/2026/005

Aranga

Mellora da envolvente do anexo CEIP da Castellana

0,00

29.925,00

29.925,00

PR483C/2026/007

Ares

Proxecto técnico de eficiencia enerxética da luz pública

0,00

28.688,66

28.688,66

PR483C/2026/008

Arnoia, A

Mellora da rede de abastecemento e execución de pavimento ambiental sustentable na rúa Outeiro Cruz

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/011

Avión

Humanización no camiño da igrexa en Barroso

0,00

29.999,92

29.999,92

PR483C/2026/012

Baiona

Realización de auditorías enerxéticas en edificios municipais

10.006,70

0,00

10.006,70

PR483C/2026/013

Baleira

Instalación de alumeado público no núcleo de Puñago

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/014

Bande

Adquisición de mini retroescavadora destinada a actuacións de protección do ambiente

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/018

Beade

Brigada mantemento servizo ambiental

10.000,00

0,00

10.000,00

PR483C/2026/019

Beariz

Plantas de xeración fotovoltaica na EDAR de Beariz e na EDAR de Doade

0,00

29.734,76

29.734,76

PR483C/2026/025

Boimorto

Melloras na rede de abastecemento en Andavao, Arceo, Cardeiro, Dormeá e Sendelle

0,00

16.890,75

16.890,75

PR483C/2026/026

Boiro

Adquisición de vehículo etiqueta eco para protección do ambiente e control ambiental

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/029

Boqueixón

Ampliación do saneamento en Deseiro de Abaixo, A Granxola, Quián e Loureda

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/032

Cabanas

Equipamento Cabanas mellora ambiental

0,00

24.561,49

24.561,49

PR483C/2026/036

Carballeda de Avia

Mellora da eficiencia enerxética na luz pública de Carballeda de Avia

0,00

22.160,42

22.160,42

PR483C/2026/040

Cartelle

Mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/041

Castrelo de Miño

Renovación das redes de saneamento, abastecemento e pluviais en Nogueiredo

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/042

Castrelo do Val

Mellora da rede de pluviais en Castrelo do Val

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/043

Castro de Rei

Adquisición de camión varredoira de vías municipais

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/046

Cerdedo Cotobade

Humanización do contorno da capela de Meilide

0,00

43.272,64

43.272,64

PR483C/2026/048

Cervantes

Adquisición de vehículo 4x4

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/049

Cervo

Reforma da instalación da luz pública na Avenida da Mariña

0,00

27.694,27

27.694,27

PR483C/2026/051

Coirós

Mellora da luz pública en Espenuca de Abaixo

0,00

29.789,73

29.789,73

PR483C/2026/053

Consorcio

As Mariñas

Mellora da iluminación interior: instalación de lámpadas, luminarias e equipamentos auxiliares

1.838,08

2.986,88

4.824,96

PR483C/2026/056

Crecente

Eficiencia enerxética na luz pública de Cancelo, Cañoto, Cotado, Padrosos e Penagrande

0,00

29.999,99

29.999,99

PR483C/2026/059

Dozón

Mellora da eficiencia enerxética en edificio municipal anexo ao CEIP Pío Cabanillas Gallas

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/060

Entrimo

Creación dunha brigada destinada á protección do ambiente e do espazo natural da Reserva

7.894,56

0,00

7.894,56

PR483C/2026/063

Ferrol

Reforzo do servizo municipal de protección do ambiente e do espazo natural

10.598,20

0,00

10.598,20

PR483C/2026/064

Fisterra

Adquisición de vehículo híbrido enchufable para o corpo da Policía local do Concello de Fisterra

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/065

Folgoso do Courel

Mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/068

Gomesende

Obras menores no centro de saúde de Gomesende

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/070

Grove, O

Gardas das Rías: vehículo de patrullaxe ambiental e costeira (VPAC)

0,00

31.500,00

31.500,00

PR483C/2026/075

Illa de Arousa, A

Sentinelas do mar-Unidade móbil de vixilancia ambiental

0,00

31.500,00

31.500,00

PR483C/2026/076

Incio, O

Mellora enerxética de substitución de pano de cuberta de fibrocemento por sandwich en edificio usos múltiples

0,00

40.426,69

40.426,69

PR483C/2026/077

Lama, A

Mellora da eficiencia enerxética da luz pública en varios puntos en Antas

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/078

Laracha, A

Ampliación da rede de abastecemento en Erboedo

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/081

Lobeira

Rede de luz pública exterior en Senderiz e Balbón

0,00

27.403,10

27.403,10

PR483C/2026/083

Lousame

Mellora da eficiencia enerxética no sistema de calefacción da casa do concello

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/086

Mancomunidade dos Concellos da Mariña Lucense

Mellora do equipamento para a recollida da fracción resto dos residuos domésticos

0,00

38.798,50

38.798,50

PR483C/2026/087

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda

Gastos de funcionamento da mancomunidade

15.135,42

0,00

15.135,42

PR483C/2026/088

Mancomunidade de Concellos da Terra Chá

Proxecto de conservación dos espazos naturais singulares

14.914,33

0,00

14.914,33

PR483C/2026/089

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín

Punto limpo mancomunado 2026

15.000,00

0,00

15.000,00

PR483C/2026/090

Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol

Servizo mancomunado de xestión de residuos voluminosos durante o mes de xaneiro do 2026

15.000,00

0,00

15.000,00

PR483C/2026/091

Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño

Gastos de funcionamento do servizo de protección ambiental e mellora da eficiencia enerxética

20.000,00

33.559,50

53.559,50

PR483C/2026/092

Mancomunidade do Salnés

Salnés medio ambiental XIV: actuación de conservación ambiental nos núcleos rurais dos nove concellos

0,00

52.000,00

52.000,00

PR483C/2026/093

Mancomunidade I.V. Conso-Frieiras

Adquisición de dúas cisternas remolcadas por tractor

0,00

39.000,00

39.000,00

PR483C/2026/094

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro

Mantemento dos servizos de recollida de lixo e lumes e investimentos asociados

15.000,00

19.500,00

34.500,00

PR483C/2026/095

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova

Adquisición dun vehículo para a recollida e traslado de residuos no ámbito supramunicipal

0,00

42.250,00

42.250,00

PR483C/2026/096

Mancomunidade de Terras de Deza

Adquisición de pala retroescavadora de segunda man destinada a actuacións de protección do ambiente

0,00

39.000,00

39.000,00

PR483C/2026/097

Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense

Punto limpo da Mancomunidade de Ourense

14.664,65

0,00

14.664,65

PR483C/2026/098

Manzaneda

Mellora de eficiencia enerxética na luz pública e de redución de contaminación lumínica

0,00

29.996,94

29.996,94

PR483C/2026/101

Meaño

Adquisición de vehículo patrulla ecolóxico con dotación ambiental

0,00

30.603,84

30.603,84

PR483C/2026/108

Mondariz

Adquisición de vehículo tipo pick-up

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/112

Monterroso

Mellora da rede de pluviais do núcleo de San Pedro-Frameán

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/113

Moraña

Adquisición dun vehículo todoterreo para tarefas ambientais

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/116

Muíños

Adquisición de vehículo que facilite a prestación de servizos destinados a persoas maiores

0,00

24.544,93

24.544,93

PR483C/2026/117

Navia de Suarna

Substitución de luminarias para a mellora da eficiencia enerxética en núcleos do concello

0,00

29.959,51

29.959,51

PR483C/2026/123

Oímbra

Canalización de augas pluviais en Oímbra

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/128

Outes

Dotación de maquinaria para a protección do ambiente e do espazo natural para 2026

0,00

29.947,50

29.947,50

PR483C/2026/129

Oza Cesuras

Servizo de protección do ambiente e do espazo natural no ámbito municipal

15.000,00

0,00

15.000,00

PR483C/2026/132

Pantón

Mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/134

Paradela

Melloras no centro de saúde e en oficinas municipais

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/138

Pedrafita do Cebreiro

Adquisición de furgoneta 4x4

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/140

Peroxa, A

Protección ambiental do concello da Peroxa

12.404,24

0,00

12.404,24

PR483C/2026/142

Pino, O

Adquisición dun vehículo para a protección do ambiente e do espazo natural do concello do Pino

0,00

29.925,00

29.925,00

PR483C/2026/147

Pontenova, A

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética na luz pública en Vileimil, San Paio e Vilarxubín

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/149

Porriño, O

Adquisición dun vehículo tipo camión lixeiro e-tech 100 % eléctrico

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/150

Portas

Instalación de ascensor eficiente na casa do concello

0,00

29.935,70

29.935,70

PR483C/2026/151

Portomarín

Adquisición de vehículo con distintivo ambiental cero emisións ou Eco

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/154

Rábade

Adquisición dun camión de segunda man ou usado con distintivo ambiental cero emisións ou Eco

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/159

Ribadeo

Subministración dun camión lixeiro de cabina avanzada

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/161

Ribas de Sil

Construción de depósito para extinción de incendios en Soutordei

0,00

29.950,13

29.950,13

PR483C/2026/162

Ribeira

Mellora da envolvente dos vestiarios do campo de fútbol de Aguiño

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/164

Riós, O

Gastos para funcionamento do servizo de ambiente e espazos naturais

16.000,00

0,00

16.000,00

PR483C/2026/165

Riotorto

Planta de xeración fotovoltaica no bombeo de Muxueira

0,00

28.994,96

28.994,96

PR483C/2026/171

San Amaro

Vehículo con distintivo ambiental cero emisións ou Eco

0,00

22.500,00

22.500,00

PR483C/2026/172

San Cibrao das Viñas

Adquisición de camión con pinza hidráulica e pinza forestal para prevención de incendios

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/174

San Xoán de Río

Rede de saneamento no Outeiro. Fase 2. San Xoán de Río

0,00

37.636,42

37.636,42

PR483C/2026/175

Sandiás

Instalación solar fotovoltaica para autoconsumo como aforro enerxético para unha EDAR en Piñeira de Arcos

0,00

29.999,97

29.999,97

PR483C/2026/177

Sanxenxo

Recuperación ambiental do rego de Carabuxeira e mellora da praia de Carabuxeira

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/180

Sober

Mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/183

Tomiño

Vehículo para o persoal do Servizo de medio ambiente 2026

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/185

Touro

Instalación de ascensor eficiente na casa do concello

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/186

Trabada

Aforro enerxético na luz pública nos núcleos da Igrexa, O Outeiro e A Pereira

0,00

26.639,43

26.639,43

PR483C/2026/188

Trazo

Extensión das redes de abastecemento nas parroquias de Chaián e Benza

0,00

23.470,70

23.470,70

PR483C/2026/193

Vedra

Ampliación do abastecemento de auga a Feal e Corbeixe

10.007,41

15.738,89

25.746,30

PR483C/2026/194

Veiga, A

Renovación da rede de saneamento e abastecemento no núcleo de Hedreira

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/198

Vilamarín

Mellora da eficiencia enerxética nos alumeados públicos do Coruxal, Fonte de Mouros e Coto

0,00

29.996,00

29.996,00

PR483C/2026/200

Vilanova de Arousa

Adquisición dun vehículo 100 % eléctrico para a Policía local

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/201

Vilar de Barrio

Mellora da eficiencia enerxética e de redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos

0,00

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/202

Vilardevós

Adquisición de furgoneta con motor eléctrico

0,00

29.654,12

29.654,12

PR483C/2026/204

Vilarmaior

Conexión do servizo de saneamento da Viaxe á Armada

0,00

30.000,49

30.000,49

PR483C/2026/207

Xove

Mellora da rede municipal de saneamento no acceso ao campo de fútbol

0,00

32.000,00

32.000,00

PR483C/2026/208

Xunqueira de Espadanedo

Adquisición dunha hidrolimpiadora viaria de alta presión

0,00

10.799,25

10.799,25

PR483D/2026/001

Allariz e Vilar de Santos (agrupación de concellos)

Programa de valorización da biomasa e dos residuos orgánicos

8.100,00

10.530,00

18.630,00

PR483D/2026/002

A Arnoia e Castrelo de Miño (agrupación de concellos)

Brigada de protección do ambiente dos concellos de Arnoia e Castrelo de Miño

11.841,84

15.533,08

27.374,92

PR483D/2026/003

Boborás e

O Irixo (agrupación de concellos)

Adquisición dunha miniescavadora

0,00

39.000,00

39.000,00

PR483D/2026/005

Cartelle e A Merca (agrupación de concellos)

Brigada ambiental

24.000,00

0,00

24.000,00

PR483D/2026/006

Cenlle e San Amaro (agrupación de concellos)

Recuperación de espazos ambientalmente degradados nos concellos de Cenlle e

San Amaro

0,00

31.196,76

31.196,76

PR483D/2026/007

Entrimo e Vilar de Barrio

Adquisición de maquinaria e equipamento para a protección do ambiente e do espazo natural

0,00

38.931,75

38.931,75

PR483D/2026/008

Friol e Palas de Rei

Mellora ambiental en zonas verdes en Friol e Palas de Rei

13.633,95

0,00

13.633,95

PR483D/2026/009

Guntín e

O Páramo

Adquisición de maquinaria para a protección do ambiente e do espazo natural

0,00

28.896,01

28.896,01

PR483D/2026/010

Montederramo e O Castro de Caldelas

Limpeza das rutas de sendeirismo Centro Trail en Montederramo e O Castro de Caldelas

13.815,48

0,00

13.815,48

PR483D/2026/011

Monterrei e Cualedro

Adquisición de pick-up motobomba

0,00

48.000,00

48.000,00

PR483D/2026/012

Ordes e Frades

Servizo de protección do ambiente e do espazo natural nos concellos de Ordes e Frades

0,00

43.550,00

43.550,00

PR483D/2026/014

Parada de Sil e A Teixeira

Limpeza das rutas de BTT e sendeirismo en Parada de Sil e A Teixeira

15.421,33

0,00

15.421,33

PR483D/2026/015

O Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín

Actuacións de conservación, reposición e restauración do ambiente nas beiras do río Loña

12.416,70

0,00

12.416,70

PR483D/2026/016

Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil

Servizo de vixilancia ambiental

15.354,74

0,00

15.354,74

PR483D/2026/018

Vila de Cruces e Agolada

Recuperación de pasarela sobre Toiriz (Vila de Cruces) e Brántega (Agolada)

0,00

31.446,97

31.446,97

PR483D/2026/019

Vimianzo e Dumbría

Investimentos para o medio ambiente 2026 nos concellos de Dumbría e Vimianzo

0,00

36.965,50

36.965,50

Totais

318.047,63

2.764.986,15

3.083.033,78

ANEXO II

Solicitudes desestimadas

Núm. de expediente

Entidade local

Solicitude

Orzamento GGFF (€)

Orzamento investimentos (€)

Orzamento total (€)

PR483C/2026/001

Abegondo

Mellora da envolvente do centro social de Meangos

39.351,75

39.351,75

PR483C/2026/002

Agolada

Mantemento, recuperación e conservación de zonas ambientalmente degradadas

19.506,65

19.706,64

39.213,29

PR483C/2026/004

Amoeiro

Mellora do abastecemento e saneamento na rúa Campo do Souto

48.399,20

48.399,20

PR483C/2026/006

Arbo

Mellora da eficiencia enerxética na luz pública da Granxa e Estación en Sela

39.879,16

39.879,16

PR483C/2026/009

Arteixo

Vehículo pick-up: equipamento para control ambiental

31.999,66

31.999,66

PR483C/2026/010

Arzúa

Maquinaria para medio rural

48.481,07

48.481,07

PR483C/2026/015

Baña, A

Restauración do ambiente, mellora de infraestruturas verdes e promoción educativa da ruta dos muíños do río Faílde

10.629,08

21.100,00

31.729,08

PR483C/2026/016

Baños de Molgas

Adquisición de vehículo híbrido para control ambiental no concello de Baños de Molgas

32.912,00

32.912,00

PR483C/2026/017

Barbadás

Adquisición de vehículo híbrido para actuacións de protección do ambiente e do espazo natural

28.455,85

28.455,85

PR483C/2026/020

Becerreá

Instalación da calefacción por aerotermia na Biblioteca-Telecentro

42.960,57

42.960,57

PR483C/2026/021

Begonte

Adquisición de vehículo híbrido enchufable (PHEV)

43.000,00

43.000,00

PR483C/2026/022

Betanzos

Vehículo Eco para servizo de limpeza

39.978,40

39.978,40

PR483C/2026/023

Blancos, Os

Mellora das instalacións de depuración primaria dos Blancos

29.818,13

29.818,13

PR483C/2026/024

Boborás

Mellora da eficiencia enerxética na luz pública exterior en Cameixa e Xurenzás

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/027

Bola, A

Vehículo para a brigada municipal de incendios forestais

7.500,00

7.500,00

PR483C/2026/028

Bolo, O

Vehículo 4x4 plataforma elevadora e cesta

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/030

Bóveda

Mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/031

Burela

Adquisición dun robot rozadoira para mantemento, conservación e actuacións de prevención

48.400,00

48.400,00

PR483C/2026/033

Caldas de Reis

Subministración de maquinaria vinculada á prestación de servizos de competencia municipal

43.590,25

43.590,25

PR483C/2026/034

Calvos de Randín

Actuacións destinadas á conservación, restauración e reposición do ambiente no concello

5.445,00

5.445,00

PR483C/2026/035

Campo Lameiro, O

Adquisición de vehículo eléctrico (furgoneta)

39.998,97

39.998,97

PR483C/2026/037

Carballeda de Valdeorras

Dotación de ascensor á casa do concello de Carballeda de Valdeorras

79.508,11

79.508,11

PR483C/2026/038

Carballedo

Melloras nas instalacións municipais de abastecemento de auga potable

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/039

Carballiño, O

Creación de parque-escola sobre a reciclaxe e a horticultura ecolóxica na travesía do Arenteiro no Carballiño

48.397,11

48.397,11

PR483C/2026/044

Catoira

Reforma e acondicionamento da plataforma peonil e varanda na ruta fluvial das Torres de Oeste

48.397,93

48.397,93

PR483C/2026/045

Cee

Adquisición de vehículo bifuel GLP/GNC, homologado e con etiqueta ECO

42.969,52

42.969,52

PR483C/2026/047

Cerdido

Adquisición de mobiliario urbano sostible para a mellora ambiental en espazos públicos

10.103,50

10.103,50

PR483C/2026/050

Chantada

Subministración de vehículo eléctrico para servizos municipais

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/052

Coles

Mellora de viais en Paradela

48.390,70

48.390,70

PR483C/2026/054

Corgo, O

Mellora da eficiencia enerxética no alumeado público en Fonteita

36.306,38

36.306,38

PR483C/2026/055

Cospeito

Adquisición dunha varredoira compacta ecolóxica de limpeza viaria, de segunda man

42.000,00

42.000,00

PR483C/2026/057

Cualedro

Mellora da eficiencia enerxética na luz pública e de redución da contaminación lumínica

39.913,70

39.913,70

PR483C/2026/058

Dodro

Renovación do alumeado da pista e gradas no pavillón polideportivo

31.924,13

31.924,13

PR483C/2026/061

Esgos

Mellora da eficiencia enerxética, redución da contaminación lumínica e protección dos ceos

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/062

Fene

Adquisición dun vehículo con distintivo ambiental cero emisións ou Eco

47.000,00

47.000,00

PR483C/2026/067

Foz

Adquisición de vehículo 4x4 para o concello de Foz

46.926,22

46.926,22

PR483C/2026/069

Gondomar

Adquisición dun vehículo con distintivo ambiental cero emisións ou Eco

39.925,42

39.925,42

PR483C/2026/071

Guarda, A

Melloras enerxéticas nas instalacións de remo

60.685,59

60.685,59

PR483C/2026/072

Gudiña, A

Adquisición de vehículo para a recollida e traslado de residuos (camión lixeiro)

39.978,40

39.978,40

PR483C/2026/073

Guitiriz

Adquisición de vehículo híbrido non enchufable para o concello de Guitiriz

33.880,00

33.880,00

PR483C/2026/074

Guntín

Vehículo híbrido enchufable con distintivo ambiental cero emisións

49.212,26

49.212,26

PR483C/2026/079

Laza

Saneamento e abastecemento no Barrio de Arriba de Souteliño

43.000,00

43.000,00

PR483C/2026/080

Leiro

Execución de pozo e conexión de alxibe a rego existente

27.500,00

27.500,00

PR483C/2026/082

Lobios

Proxecto de rehabilitación do pavimento no núcleo de Cimadevila

48.399,96

48.399,96

PR483C/2026/084

Maceda

Mellora da eficiencia enerxética no núcleo de Maceda

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/085

Malpica de Bergantiños

Reparación da senda da área recreativa de Cerqueda

36.722,10

36.722,10

PR483C/2026/099

Marín

Mellora e renovación da luz pública exterior en Aguete

38.701,16

38.701,16

PR483C/2026/100

Maside

Eficiencia enerxética na luz pública e de redución da contaminación lumínica e protección dos ceos nocturnos

39.967,59

39.967,59

PR483C/2026/102

Meis

Renovación das redes de servizos en Porrelos-Meis

39.815,46

39.815,46

PR483C/2026/103

Melide

Contratación de tres auxiliares de Policía local e mellora da eficiencia enerxética no centro

17.702,76

17.990,28

35.693,04

PR483C/2026/104

Melón

Mellora da rede de saneamento no lugar da Eirexa, na estrada N-120, na parroquia de Quins

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/105

Merca, A

Adquisición de vehículo para tarefas ambientais

49.900,00

49.900,00

PR483C/2026/106

Mezquita, A

Renovación de saneamentos e pluviais na Mezquita

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/107

Moaña

Acondicionamento do sendeiro do río Fraga, do río Rialdarca e do paseo fluvial

39.999,25

39.999,25

PR483C/2026/109

Mondariz Balneario

Dixitalización de acometidas de interese público en Mondariz Balneario

39.855,01

39.855,01

PR483C/2026/110

Monforte de Lemos

Mellora da eficiencia enerxética da instalación deportiva das Lamas

48.285,78

48.285,78

PR483C/2026/111

Monterrei

Planta de xeración fotovoltaica na depuradora de Vilaza

36.490,76

36.490,76

PR483C/2026/114

Mos

Rehabilitación da antiga casa reitoral dos Petelos. Fase 3. Actuación 2-Pombal

39.999,99

39.999,99

PR483C/2026/115

Mugardos

Adquisición de equipamentos para traballos ambientais no concello de Mugardos

18.069,05

18.069,05

PR483C/2026/118

Neda

Subministración dun vehículo SUV/todoterreo para a Policía local de Neda

45.980,00

45.980,00

PR483C/2026/119

Negueira de Muñiz

Substitución da caldeira do Centro municipal de atención médica de Negueira

39.698,04

39.698,04

PR483C/2026/120

Nogais, As

Adquisición de máquina cargadora mutifuncional para traballos de protección do ambiente

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/121

Nogueira de Ramuín

Mellora da eficiencia enerxética na zona da Moura

39.966,80

39.966,80

PR483C/2026/122

Noia

Abastecemento de auga no lugar de Balbargos

42.909,02

42.909,02

PR483C/2026/124

Oleiros

Adquisición de 2 vehículos aéreos non tripulados destinados a operacións de emerxencia

21.000,00

21.000,00

PR483C/2026/125

Ordes

Mellora da eficiencia enerxética da envolvente do local social de Adrán

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/126

Oroso

Vehículo Eco para a Policía local destinado a actuacións de protección do ambiente

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/127

Outeiro de Rei

Reparación e posta en valor de rutas de sendeirismo en Outeiro de Rei

 

40.468,09

40.468,09

PR483C/2026/130

Paderne

Mellora enerxética nas instalacións e edificios municipais: auditoría e certificación

14.461,92

 

14.461,92

PR483C/2026/131

Padrón

Conservación e mellora de rutas de sendeirismo no concello de Padrón

16.343,45

 

16.343,45

PR483C/2026/133

Parada de Sil

Adquisición de vehículo con distintivo ambiental cero emisións

35.000,00

35.000,00

PR483C/2026/135

Páramo, O

Rehabilitación de lousado no antigo concello

48.397,92

48.397,92

PR483C/2026/136

Pastoriza

Mellora da rede de abastecemento municipal de auga potable na estación de bombeo Fonmiñá e nos depósitos de Pastoriza, Bretoña e no de bombeo de Loboso

39.906,34

39.906,34

PR483C/2026/137

Pazos de Borbén

Adquisición de vehículo eléctrico

38.000,00

38.000,00

PR483C/2026/139

Pereiro de Aguiar, O

Aforro enerxético na luz pública do Pereiro e O Pereiro de Alén, no concello do Pereiro de Aguiar

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/141

Petín

Mellora da eficiencia enerxética no pavillón deportivo e na casa de cultura de Petín

39.858,30

39.858,30

PR483C/2026/143

Poio

Reforma e acondicionamento da pasarela de madeira en acceso á praia de Chancelas Pequena

48.397,12

48.397,12

PR483C/2026/144

Ponteareas

Adquisición de vehículo de policía local para vixilancia ambiental

38.400,00

38.400,00

PR483C/2026/145

Pontecesures

Actuacións ambientais Pontecesures 2026: auditoría alumeado público, xeófono

7.260,00

20.271,55

27.531,55

PR483C/2026/146

Pontedeva

Mellora das cloracións dos depósitos de auga e mellora das luminarias nos núcleos da Senra, Xinzo e Deva

45.031,30

45.031,30

PR483C/2026/148

Porqueira

Humanización da Aira dos Canastros de Paradela de Abeleda

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/152

Quintela de Leirado

Servizo de xestión dos residuos e do ciclo da auga e protección do medio natural

19.736,40

 

19.736,40

PR483C/2026/153

Quiroga

Adquisición de vehículo con distintivo ambiental cero emisións, híbrido enchufable ou Eco

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/155

Rairiz de Veiga

Eficiencia enerxética na luz pública e de redución da contaminación lumínica

39.684,37

39.684,37

PR483C/2026/156

Ramirás

Renovación de instalacións de alumeado público en Ramirás

39.999,00

39.999,00

PR483C/2026/157

Redondela

Vehículo destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural do concello

43.300,00

43.300,00

PR483C/2026/158

Ribadavia

Mellora do paseo do río do Outeiro e Brul en Francelos

29.442,33

29.442,33

PR483C/2026/160

Ribadumia

Mellora da eficiencia enerxética das instalacións dos edificios municipais do tanatorio municipal

27.789,61

27.789,61

PR483C/2026/163

Ribeira de Piquín, A

Instalación fotovoltaica de 40 kW para infraestruturas municipais

39.258,33

39.258,33

PR483C/2026/166

Rosal, O

Adquisición de furgoneta eléctrica para tarefas ambientais

36.458,84

36.458,84

PR483C/2026/167

Rúa, A

Recuperación do espazo na rúa Toural

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/168

Rubiá

Melloras na rede de abastecemento en Covas

39.996,50

39.996,50

PR483C/2026/169

Sada

Adquisición dun vehículo híbrido con distintivo ambiental cero emisións ou Eco

41.140,00

41.140,00

PR483C/2026/170

Salvaterra de Miño

Ampliación da rede de saneamento na Praza (Arantei) e A Mámoa (Fornelos)

48.390,01

48.390,01

PR483C/2026/173

San Cristovo de Cea

Tractor para actuacións de protección do ambiente e do espazo natural

50.000,00

50.000,00

PR483C/2026/176

Santiso

Renovación da luz pública en varios lugares: Rendos e outros

40.222,82

40.222,82

PR483C/2026/178

Saviñao, O

Subministración de vehículo eléctrico para servizos municipais

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/179

Silleda

Mellora de acceso peonil á praia fluvial en Pozo do Pego, Silleda

36.300,00

36.300,00

PR483C/2026/181

Soutomaior

Rehabilitación enerxética da envolvente térmica e mellora da instalación de iluminación da academia de música en Veigas do Monte

62.343,64

62.343,64

PR483C/2026/182

Taboadela

Substitución de carpintarías

39.878,91

39.878,91

PR483C/2026/184

Toques

Mellora da eficiencia enerxética na aula da interpretación da natureza

39.999,99

39.999,99

PR483C/2026/187

Trasmiras

Mantemento do servizo de protección do ambiente e do espazo natural

40.000,00

40.000,00

PR483C/2026/189

Triacastela

Eficiencia enerxética na luz pública e de redución da contaminación lumínica e protección dos ceos en Vilar, Folgueira, Cancelo e San Salvador

38.639,51

38.639,51

PR483C/2026/190

Tui

Subministración de vehículo eléctrico (furgón tipo L2) para a xestión integral de biorresiduos

36.500,00

36.500,00

PR483C/2026/191

Val do Dubra

Equipamento para a brigada ambiental

34.969,00

34.969,00

PR483C/2026/192

Valga

Mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública no concello de Valga

39.984,01

39.984,01

PR483C/2026/195

Viana do Bolo

Mellora do emisario de augas residuais de Seoane de Arriba

27.125,00

27.125,00

PR483C/2026/196

Vicedo, O

Melloras da eficiencia enerxética en Valdesuso e melloras para a eliminación de residuos

39.998,98

39.998,98

PR483C/2026/197

Vilaboa

Substitución de carpintarías na casa do concello

48.383,33

48.383,33

PR483C/2026/199

Vilamartín de Valdeorras

Mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de Arnado

30.000,00

30.000,00

PR483C/2026/205

Viveiro

Adquisición de maquinaria para a protección do ambiente e conservación do espazo natural

39.951,00

39.951,00

PR483C/2026/206

Xinzo de Limia

Adquisición dun vehículo Eco e maquinaria kit para protección ambiental 2026

39.673,21

39.673,21

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas

Núm. de expediente

Entidade local

Proxecto

Orzamento total (€)

Motivo

PR483C/2026/131

Padrón

Conservación e mellora de rutas de sendeirismo (ruta Rosalía nos camiños)

13.768,82

Incumpre o requisito do artigo 8.7 (inadmisión parcial)

PR483C/2026/203

Vilariño de Conso

Mellora de instalacións e vial en Chaguazoso

40.000,00

Non acredita o requisito do artigo 4

PR483D/2026/013

Outeiro de Rei e Cospeito (agrupación de concellos)

Actividades de promoción didáctica dos recursos do espazo natural en Outeiro de Rei e Cospeito

63.085,69

Incumpre o requisito do artigo 11

ANEXO IV

Desistencias

Núm. de expediente

Entidade local

Proxecto

Orzamento total (€)

Motivo

PR483C/2026/003

Ames

Mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables na aula da natureza

40.000,00

Artigos 22 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR483C/2026/066

Fornelos de Montes

Modernización e mellora da rede de abastecemento nos barrios da Portea e O Ceo

39.998,24

Artigos 22 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR483D/2026/013

O Campo Lameiro, Moraña e Portas (agrupación de concellos)

Adquisición de equipamento para a protección ambiental e xestión compartida para os concellos de Moraña, Portas e O Campo Lameiro

75.020,00

Artigos 22 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR483D/2026/017

Rairiz de Veiga

Eficiencia enerxética na luz pública e de redución da contaminación lumínica e protección

39.684,37

Desistencia voluntaria

Artigo 94 LPAC