DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Ampliación Monciro, sito nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2023/002).

Advertidos erros na dita resolución, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 115, do 22 de xuño de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 35588, onde di: «Orzamento de execución material (sen IVE): 16.958.648,00 €», debe dicir: «Orzamento de execución material (sen IVE): 7.166.034,60 €».

Na páxina 35588, na táboa Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións, nas coordenadas UTM-Y dos vértices a e d, onde di: «4.747.900,00», debe dicir: «4.770.900,00» e onde di: «4.763.300,00», debe dicir: «4.765.300,00».