De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida ou porque, tentada dúas veces a notificación, non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 30 de xuño de 2026
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
CON-PO-0178/2026 |
35376268Z |
Incoación |
Polo director territorial |
|
CON-PO-0012/2026 |
35645080W |
Resolución |
Polo director territorial |
