DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2025/76-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación LMTA BOV803 no tramo entre os apoios núm. 25-8 e núm. 25-8-3-CT, na casa do concello de Vilamartín de Valdeorras, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 1 de xullo de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/76-3.

Instalación: Adecuación LMTA BOV803 no tramo entre os apoios núm. 25-8 e núm. 25-8-3-CT.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

2

A Torgada

32089A022004130000QQ

Descoñecido/a

Casa do concello de Vilamartín de Valdeorras

21.9.2026

12.15