DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2024/187-4).

Expediente: IN407A 2024/187-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

Concello: Forcarei.

Feitos:

1. O 9.5.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 15.116,99 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade emendar a situación antirregulamentaria no circuíto aéreo da LAL805, concretamente no tramo LAL8053222. Para isto están previstas as seguintes actuacións no lugar da Barciela, na parroquia de Castrelo, no concello de Forcarei (Pontevedra):

– Proxéctase a substitución dos apoios de formigón AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 por catro apoios de celosía: un C-1000/20 e tres C-1000/14, respectivamente.

– Substitución de 297 metros do van en condutor LA-80 por condutor LA-110 entre os apoios proxectados.

– Retensado do van augas arriba do apoio proxectado C-1000/20 e augas abaixo do C-1000/14.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Forcarei, Augas de Galicia e o Servizo do Patrimonio Natural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Augas de Galicia e polo Servizo do Patrimonio Natural.

O Concello de Forcarei non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 25 de xuño de 2024, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 16.7.2024.

– Xornal Faro de Vigo: 23.7.2024.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Forcarei, desde o 16.7.2024 ata o 3.9.2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

4. Como non foi posible efectuar a notificación da solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública ás persoas afectadas, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 26.3.2025 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 29.3.2025, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da liña de media tensión aérea (LMTA) LAL805, tramo LAL8053222, por un apoio C-1000/20 e tres C-1000/14, respectivamente.

– LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, de 297 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/20 e final no apoio proxectado C-1000/14 número 3.

– A instalación está situada na Barciela, na parroquia de Castrelo (Santa Mariña), no concello de Forcarei (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805, expediente IN407A 2024/187-4.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 19 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Forcarei

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

pleno dominio

Apoio nº

1

Bosque

Rústico

36018A071001710000XI

Descoñecido/a

1

2,25

2

Bosque

Rústico

36018A071002750000XW

Descoñecido/a

2

1,44

3

Devesa

Rústico

36018A071003670000XU

Descoñecido/a

3

1,44

4

Cobiña

Rústico

36018A071004790000XM

Descoñecido/a

4

1,44