DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39321

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa de dinamización comercial dirixido a federacións ou asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300B).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas mediante resolución do director xeral de Comercio e Consumo, adoptada por delegación do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración (Orde do 28.4.2026; DOG núm. 87, do 12 de maio), relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 28 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa de dinamización comercial dirixido a federacións ou asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300B).

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Importe

14.06.751A.481.01

2026 00055

200.000,00 €

Entidades beneficiarias: as asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación supere o municipal e se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as federacións de asociacións de comerciantes que, cun mínimo de tres asociacións asociadas, estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Finalidade: concesión de subvencións para a dinamización comercial.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Entidades beneficiarias da subvención para a dinamización comercial

Expediente

Entidade beneficiaria

Importe da subvención

CO300B-2026-00000001-00

Federación de Librarías de Galicia

24.684,18 €

CO300B-2026-00000002-00

A Mariña Federación

38.400,00 €

CO300B-2026-00000003-00

Federación Gallega de Asociaciones y
Gremios de Joyeros, Relojeros y Plateros

38.400,00 €

CO300B-2026-00000004-00

Consorcio do Comercio do Salnés

15.151,36 €