DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39323

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 7 de xullo de 2026 pola que se convocan bolsas de formación en centros universitarios dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2026/27.

BDNS (Identif.): 917679.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/917679

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado en centros propios no curso 2026/27, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II da convocatoria, no campus en que se opta á bolsa.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 7 de xullo de 2026 pola que se convocan bolsas de formación en centros universitarios dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2026/27.

Cuarto. Contía.

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de cento trinta e sete mil douscentos sesenta con cincuenta e seis céntimos (137.260,56 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 8 ata o 31 de xullo de 2026.

Vigo, 7 de xullo de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo