DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39490

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de información pública do estudo informativo Acondicionamiento e mellora integral na OU-0508 Ponte dos Gozos (OU-536)-Parada de Sil (OU-0604), no concello de Nogueira de Ramuín.

Con data do 9 de xuño de 2026, mediante resolución da Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, aprobouse provisionalmente o estudo informativo Acondicionamento e mellora integral na OU-0508 Ponte dos Gozos (OU-536)-Parada de Sil (OU-0604), no concello de Nogueira de Ramuín; e ao abeiro do establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, acordouse o sometemento ao trámite de información pública do estudo en materia de estradas.

A duración da información pública será de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que o estudo pode ser examinado polas persoas que o consideren oportuno, as cales poderán formular por escrito as observacións que coiden convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Durante o dito prazo, o estudo estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Nas oficinas da Área de Infraestruturas, sitas no segundo andar do Pazo Provincial, rúa Progreso, núm. 32, en Ourense, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

– No casa do concello de Nogueira de Ramuín (estrada Nogueira, 3, Luintra, 32160 Nogueira de Ramuín, Ourense).

– Na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_TABLON

Ourense, 23 de xuño de 2026

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense