DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionario/a de carreira coa categoría de sepultureiro/a, quenda libre (OEP 2025).

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados mediante a Resolución do 3.6.2026 nomeou funcionario/a de carreira deste concello a:

-– Jesús Lavia Porto, con DNI ***7601**, para ocupar unha praza de sepultureiro/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos/as interesados/as ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra.

Non obstante, o/a interesado/a tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente con arranxo a dereito.

Pontevedra, 18 de xuño de 2026

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados