Mediante a Resolución núm. 1576, do 23 de xuño de 2026, da concelleira delegada de Cohesión Social, Recursos Humanos e Réxime Interior, aprobouse o expediente de concerto social, do que forma parte o prego de condicións, para prestar o servizo de atención temperá, así como a convocatoria do concerto social co correspondente gasto, con envío do anuncio ao Diario Oficial de Galicia.
O prego de condicións regula o prazo de presentación, requisitos das entidades participantes, criterios de valoración, condicións técnicas de prestación do concerto social, prezo, obrigas e dereitos das partes. O mesmo pode consultarse na sede electrónica municipal, a través do taboleiro de anuncios electrónico: https://sede.culleredo.es
O prazo de presentación das proposicións será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
O que se publica para xeral coñecemento.
Culleredo, 2 de xullo de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución número 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior
