DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39600

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de xullo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo correspondente ás categorías de persoal sanitario e de Xestión e Servizos do ámbito de atención hospitalaria desta área sanitaria.

De conformidade co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e con base nos criterios reitores aprobados na Mesa Sectorial de Sanidade pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais con representación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde do 23 de decembro de 2009, modificados polo Acordo do 31 de xaneiro de 2014, a Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), a xerente da Área Sanitaria de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo correspondente ás categorías de persoal sanitario e de Xestión e Servizos do ámbito de atención hospitalaria da Área Sanitaria de Ferrol, así como as bases que rexerán a convocatoria, o prazo de presentación de instancias será desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 15 de setembro.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (FIDES expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Ferrol, na Intranet da Área Sanitaria de Ferrol e no Punto de Atención ao Traballador.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das admnistracións públicas.

Ferrol, 3 de xullo de 2026

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol