DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39599

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de xullo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, da convocatoria para a provisión dun posto, con carácter provisional, de profesor/a a tempo completo da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.

No taboleiro de anuncios da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo publícanse integramente a convocatoria e as bases reguladoras, que rexerán o proceso selectivo, para a provisión dun posto, con carácter provisional, de profesor/a a tempo completo da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta praza faranse públicos na forma prevista nas bases.

Lugo, 3 de xullo de 2026

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña
e Monforte de Lemos