De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:
Resolución do 11 de xuño de 2026, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a prestación do servizo en materia de formación para a impartición do curso Pesca con futuro no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico como centro de referencia nacional.
– Actividade: a realización pola fundación Cetmar das accións para dar o servizo de impartición do curso Pesca con futuro, curso para introducir a concienciación ambiental mariña na aula, como parte do programa plurianual do IPMPA como CRN na área de pesca e navegación.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 29 de xuño de 2026 ata o 3 de xullo de 2026.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aplicación orzamentaria 16.03.422K.640.1, e con código de proxecto 2018 00080.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
