DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2023/235-1).

Expediente: IN407A 2023/235-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Recuamento LMT EUM703-lugar Cabanas.

Concello: Cabanas.

Feitos:

1. O día 28.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de adecuar e regulamentar un tramo da liña de media tensión aérea da LTA EUM-703 debido ao mal estado de varios apoios e dos seus armados, ademais da existencia de situacións antirregulamentarias dos condutores da LMTA.

O día 29.9.2025, a empresa promotora presenta anexo I, coa finalidade de concretar pequenos cambios no deseño da obra proxectada ao ter un maior coñecemento do trazado das canalizacións existentes de titularidade de Eléctrica de Cabanas.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Recuamento LMT EUM703-lugar Cabanas, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Recuamento LMT EUM703-lugar Cabanas, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, número de colexiado 1534 de Galicia, o 24.7.2023 co número de visado 20230931 do 27.3.2023.

– Contestación ao requirimento, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1534 de Galicia, o 18.9.2024.

– Anexo I, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, número de colexiado 1534 de Galicia, o 21.8.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cabanas, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Patrimonio Cultural, Augas de Galicia e Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

Co anexo I solicitouse o informe preceptivo as entidades: Patrimonio Cultural, Eléctrica de Cabanas, Concello de Cabanas e AXI. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 18.6.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Cabanas e as súas características técnicas son as seguintes:

– Soterramento do treito da LMTA EUM703 entre o apoio 59-57-B-11 existente de tipo C-18/3000 e o CT 15CWT5.

– Proxectase una liña de media tensión subterránea de 15 kV, de 1300 m de lonxitude, en condutor de tipo RHZ1-3×(1×240), coa orixe en paso aéreo soterrado para instalar no apoio existente D59-57-B-11 e final en cela de liña existente no CT Cabanas (15CWT5).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 23 de xuño de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña