DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39674

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Cosoirado

ANUNCIO de exposición pública dos estatutos.

O que subscribe, José Manuel Suárez Rodríguez, veciño do lugar de Cosoirado, parroquia de Cosoirado, concello de Moraña (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Cosoirado, por este anuncio comunícolles a todos os usuarios e persoas interesadas que os estatutos da comunidade estarán expostos ao público na Secretaría do Concello de Moraña durante o prazo de trinta (30) días, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan ser examinados e presentar as alegacións que, de ser o caso, se consideren oportunas.

Moraña, 19 de xuño de 2026

José Manuel Suárez Rodríguez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Cosoirado