DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación do volume edificable na parcela 5D da rúa Emilio González López, polígono dos Rosales (expediente 631/2026/26).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 2.7.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación do volume edificable na parcela 5D da rúa Emilio González López polígono dos Rosales-A Coruña. Xuño 2026, promovido pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A. e redactado polos arquitectos Mónica Mesejo Conde, Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta lei, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor do documento, aos interesados no procedemento e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

Cuarto. Facultar a Alcaldía-Presidencia para a realización de cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bo fin do acordo adoptado».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/planeamento vixente» ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor Desarrollo PGOM 2013.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 6 de xullo de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda