A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 19 de maio de 2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle para a fixación de aliñacións do solo urbano consolidado (UC1) de San Salvador de Bastavales, presentado por Teresa de Jesús Molino Pizarro, que actúa en representación de Unica Espacios Eficientes, S.L., asinado polo arquitecto Francisco Javier Amenedo Ansede o 29 de abril de 2026, na parcela con referencia catastral 7724111NH2472N0001KY, situada en San Salvador de Bastavales.
En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.
A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Brión, 15 de xuño de 2026
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde
