A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala número 2 do Social de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso de impugnación de actos da Administración IAA 246/2025 en relación co proceso selectivo para o ingreso libre e mediante o sistema de concurso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro de 2022).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
