En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 22 de xuño de 2026, adoptou a seguinte resolución:
«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Pepín (ampliación), no concello de Castrelo do Val, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 15 de abril de 2025 tivo entrada no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Pepín, no que se solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Comunal de Pepín (ampliación), no concello de Castrelo do Val.
Segundo. Con data do 6 de outubro de 2025, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor, realizando as comunicacións e as publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación contida no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Comunal de Pepín (ampliación).
Superficie: 1,51 ha.
Pertenza: CMVMC de Pepín.
Parroquia: Pepín (San Vicente).
Concello: Castrelo do Val.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
Os terreos incluídos neste predio conforman un couto redondo cun dos predios xa clasificados do MVMC Comunal de Pepín.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindes |
Referencia catastral |
|
32022A02300578 (parte) 32022A02309013 (parte) |
Norte |
32022A02300491 32022A02300490 32022A02300578 (resto) 32022A02300502 32022A02300503 32022A02309013 (resto) |
|
Leste |
32022A02300597 |
|
|
Sur |
32022A02300597 32022A02309001 32022A02300500 32022A02300499 32022A02300498 32022A02300497 32022A02300496 |
|
|
Oeste |
32022A02300496 32022A02300492 32022A02300491 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer dos expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, “son montes veciñais en man común [...] os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; e correspóndelle constatar o aproveitamento, e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando, ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992,do 4 de setembro; o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural; e a demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Pepín (ampliación), no concello de Castrelo do Val, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».
Ourense, 2 de xullo de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
