A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creouse coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico. A actual Lei 2/2016, do solo de Galicia, mantén a configuración e a finalidade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. De conformidade co previsto no artigo 10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do cal forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.
En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xullo de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Artigo único
Que cesen Rosario Puente Vázquez, Enrique Urcola Fernández-Miranda e Elena Ampudia Aixendri como vogais do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolles os servizos prestados.
Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras
