DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39685

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 76/2026, do 6 de xullo, polo que se designan tres vogais do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creouse coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico. A actual Lei 2/2016, do solo de Galicia, mantén a configuración e a finalidade da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. De conformidade co previsto no artigo 10 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do cal forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xullo de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo único

Designar a María Dolores Gil Liñares, Lorena Solana Barjacoba e Natalia Alvaredo López vogais do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Santiago de Compostela, seis de xullo de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas