DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39851

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO do proceso selectivo, mediante oposición libre, dunha (1) praza de técnico da Administración xeral, grupo A, subgrupo A1, da escala da Administración xeral, subescala técnica.

Na sesión realizada pola Xunta de Goberno Local o día 15 de maio de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, dunha (1) praza da categoría de técnico da Administración xeral (grupo A) (subgrupo A1) da escala da Administración xeral, subescala técnica, do Concello de Lalín.

Esta convocatoria das bases publicouse no BOPPO núm. 106, do 5 de xuño de 2026, e publicarase, así mesmo, un anuncio destas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, no Boletín Oficial del Estado, do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras están publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 8 de xuño de 2026

José Crespo Iglesias
Alcalde