Na sesión realizada pola Xunta de Goberno Local o día 15 de maio de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a, grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica do Concello de Lalín.
Esta convocatoria das bases publicouse no BOPPO núm. 106, do 5 de xuño de 2026, e publicarase, así mesmo, un anuncio destas no DOG e no BOE.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación, no Boletín Oficial del Estado, do anuncio referido na base anterior.
As bases íntegras están publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.
Lalín, 8 de xuño de 2026
José Crespo Iglesias
Alcalde
