DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39849

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO do proceso selectivo, mediante oposición libre, dunha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas municipais, grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica.

Na sesión realizada pola Xunta de Goberno Local o día 22 de maio de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, dunha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas municipais, grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, do Concello de Lalín

Esta convocatoria das bases publicouse no BOPPO núm. 106, do 5 de xuño de 2026, e publicarase, así mesmo, un anuncio destas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 8 de xuño de 2026

José Crespo Iglesias
Alcalde