Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-11/2026, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.
Dado que estes actos non se publican na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os textos íntegros dos actos que se notifican atópanse á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.
Lugo, 2 de xullo de 2026
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-S-11/2026.
DNI denunciado: 33340851M.
Establecemento: Cervecería-Pub Krrt.
Enderezo: rúa Rías Baixas, 5.
Localidade: Sarria.
Preceptos infrinxidos: artigo 35.f) e artigo 35.g) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Tipificación da infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Cualificació: leve.
Iniciación: 5 de marzo de 2026.
Sanción: multa de catrocentos euros (400 €).
