Esta área provincial acordou o inicio do expediente de baixa de oficio co fundamento xurídico recollido nos artigos 42.1, 44.2, 44.3 e 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, así como no artigo 69.1 e 3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, para que no prazo de dez (10) días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Pontevedra da Axencia de Turismo de Galicia.
Pontevedra, 2 de xullo de 2026
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
|
Establecemento |
Signatura |
Razón social |
Domicilio |
Concello |
|
Villa Minso |
VUT-PO-016699 |
Eva María Alonso Bastos |
Rúa Carballiño, 42, piso 00 |
Redondela |
