En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 2 de xullo de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación total dos estatutos sociais da entidade Ivecoper, S. Coop. Galega, motivada pola transformación de cooperativa de traballo asociado a cooperativa de servizos, acordada na asemblea xeral do 13 de novembro de 2025 e contida na escritura de elevación a público de acordos do 13 de marzo de 2026, outorgada ante o notario do Colexio de Galicia con residencia en Ourense, Enrique Hernanz Vila, baixo o número 902 do seu protocolo. A modificación afecta a totalidade dos estatutos sociais. O seu novo obxecto social é a prestación de subministracións e servizos e a realización de operacións encamiñadas ao melloramento económico e técnico das actividades das súas persoas socias. O novo capital social mínimo é de 3.000,00 €.
Ourense, 2 de xullo de 2026
Marta Vázquez Guzmán
Directora territorial de Ourense
