DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, de notificación dos trámites de audiencia da revisión cartográfica e documental do acordo de reestruturación parcelaria da zona do Mundil (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días contados desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, núm. 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 3 de xullo de 2026

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Núm. prop.

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

445

Monte veciñal sen clasificar de Gueral

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

446

Monte veciñal sen clasificar de Nogueiró

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

447

Monte veciñal sen clasificar de Outomuro

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

448

Monte veciñal sen clasificar de Santa Cateliña

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

449

Monte veciñal sen clasificar de Vilar de Vacas

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

438

CMVMC da Teixeira

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

440

CMVMC de Gueral de Arriba

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)

443

CMVMC Sabuz

T. A. de revisión cartográfica (20.5.2026)

O Mundil (Cartelle-Ourense)