O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión do 22 de xuño de 2026, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:
Nome do monte: De Boedes.
Superficie: 44,33 ha.
Pertenza: veciños/as de Boedes.
Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).
Concello: O Carballiño.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único.
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32020A01509001, 32020A01609007 e 32020A01709007.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32020A01500689 32020A01600726 32020A01700035 32020A01702524 |
Norte |
32020A01600589 32020A01600727 32020A01702525 32020A01709007 32020A01700014 |
|
Leste |
32020A01700014 32020A01509001 32020A01500690 32020A01502518 32020A01502519 32020A01502522 32020A01502523 32020A01502524 32020A01502525 32020A01502526 32020A01502527 32020A01502617 32020A01502632 32020A01502646 32020A01502647 32020A01502649 32020A01502650 32020A01502654 32020A01502656 32020A01502657 32020A01502658 32020A01502659 |
|
|
Sur |
32020A01502659 32020A01502661 32020A01502662 32020A01509001 32020A01503117 32020A01503114 32020A01503129 32020A01702520 32020A01702447 32020A01702446 |
|
|
Oeste |
32020A01702446 32020A01702445 32020A01702444 32020A01600598 32020A01609007 32020A01600589 |
|
|
Enclavado |
32020A01700036 |
|
O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 2 de xullo de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
