DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 2 de xullo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costiña e Da Gouxiña, no concello do Carballiño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 22 de xuño de 2026, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costiña e Da Gouxiña, no concello do Carballiño, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 26 de maio de 2025 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito de Delmiro Francisco Pérez Súarez, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Da Costiña e Da Gouxiña, no concello do Carballiño.

Segundo. O 6 de outubro de 2025, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Da Costiña e Da Gouxiña.

Superficie: 3,05 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia. de Ponte Veiga.

Parroquia: Ponte Veiga (San Lourenzo).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1 (Monte Da Costiña):

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32020A02200662 (parte)

Norte

32020A02201137

32020A02200534

32020A02200535

Leste

32020A02200536

32020A02200540

32020A02200541

32020A02200542

32020A02200543

32020A02200545

Sur

32020A02209017 (camiño)

32020A02200631

32020A02200628

32020A02200627

32020A02200662 (resto)

002001900NH70A (urbana)

Oeste

32020A02200658

32020A02200661

32020A02209017 (camiño)

32020A02201531

32020A02200674

32020A02200672

32020A02200669

32020A02200668

32020A02200663

32020A02200678

32020A02200677

32020A02200676

32020A02200675

32020A02200665

Predio 2 (Monte Da Gouxiña):

Os terreos incluídos neste predio conforman un couto redondo cun dos predios xa clasificados do MVMC A Costa, O Pareisal, A Lagoa, O Campo da Festa e Escoirede.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Linderos

Referencia catastral

32020A03300275

Norte

32020A03309002 (camiño)

Leste

32020A03309002 (camiño)

Sur

32020A03309002 (camiño)

32020A03300049

Oeste

32020A03300049

32020A03300050

32020A03300051

32020A03300053

32020A03300054

32020A03300055

32020A03300058

32020A03300062

32020A03300061

32020A03300064

32020A03300065

32020A03309002 (camiño)

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento ós veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Da Costiña e Da Gouxiña, no concello do Carballiño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 2 de xullo de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense