Con data do 6 de xullo de 2026 publicouse no DOG núm. 124 o Anuncio do 23 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, relativo ao alleamento, polo procedemento de poxa pública, dun inmoble de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia procedente da herdanza ab intestato de Manuel Dacal Arias.
No citado anuncio indícase que a poxa pública presencial tería lugar ás 11.30 horas do 21 de xullo de 2026 no salón de actos do Concello de Monforte de Lemos, localizado na praza Campo de San Antonio, s/n, en Monforte de Lemos.
Por mor da imposibilidade da realización da poxa pública no día e hora indicados con anterioridade, é preciso modificar a data de realización.
Con base no anterior, anúnciase que ás 11.30 horas do 23 de setembro de 2026 terá lugar a poxa pública presencial dun inmoble procedente da herdanza ab intestato de Manuel Dacal Arias, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de xuño de 2025.
A poxa realizarase no salón de actos do Concello de Monforte de Lemos, localizado na praza Campo de San Antonio, s/n, en Monforte de Lemos, ante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, ou persoa que actúe na súa suplencia, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e unha funcionaria da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, que actuará como secretaria. O ben inmoble obxecto da poxa e o que figura a continuación, coa identificación do procedemento de alleamento que lle é aplicable:
Por procedemento simplificado, con 1ª, 2ª, 3ª e 4ª poxas sucesivas, de ser o caso.
Venda de inmoble.
Ben de natureza urbana. Inmoble situado na rúa da Coruña, núm. 8, concello de Monforte de Lemos (Lugo). Superficie construída de 150 m² (información rexistral). De acordo coa información que figura no Catastro Inmobiliario, trátase dun inmoble de 351 m² de superficie construída (baixo, andar 1º e andar 2º). Lindeiros: dereita, atrio da igrexa parroquial da Estación; esquerda, Emilio Aguado; oeste, co atrio da igrexa parroquial da Estación; norte, coa devandita rúa da Coruña.
Inscrición rexistral a nome da Comunidade Autónoma de Galicia: Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 842, libro 374, folio 172, predio 10402.
Referencia catastral: 2997063PH2029N0001BO.
|
Tipo de licitación, primeira poxa: 58.044,26 €. |
Fianza: 11.608,85 €. |
|
Tipo de licitación, segunda poxa: 46.435,41 €. |
Fianza: 9.287,08 €. |
|
Tipo de licitación, terceira poxa: 37.148,33 €. |
Fianza: 7.429,67 €. |
Tramo mínimo de la oferta: 1.000,00 €.
No suposto de que neste procedemento simplificado resulte deserta a terceira poxa, realizarase a continuación no mesmo acto unha cuarta poxa en que o tipo será o fixado pola mesa, así como o da garantía exixible, de ser o caso, de conformidade co previsto no parágrafo final do número 2 do artigo 116 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar na Caixa Xeral de Depósitos da Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia, a favor da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, con anterioridade ao día da poxa, como mínimo o 20 % da contía sinalada como tipo de licitación. O día da poxa debe achegarse aos membros da mesa o resgardo do depósito previamente constituído para a licitación. A garantía tamén poderá presentarse en metálico ou cheque bancario a favor da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio (CIF S1511001H) na mesa o día da poxa.
A garantía non outorgará en ningún caso dereito á adquisición e devolverase a quen non resultase adxudicatario ou adxudicataria. Unha vez finalizado o procedemento, a garantía constituída pola persoa adxudicataria formará parte do prezo da compravenda.
Serán por conta das persoas adxudicatarias os custos orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.
Os pregos de condicións que rexen o alleamento dos bens e dereitos obxecto deste anuncio están ao dispor das persoas interesadas na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública:
http://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas
Teléfonos de información: 981 54 41 51 ou 981 54 41 52 (Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública).
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
