A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da praza 4 da Sección do Social do tribunal de instancia de Lugo polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 192/2026, en relación ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia, e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
