De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 7 de xullo de 2026
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
PES-LU-0045/2025-V |
Y7242178K |
Acordo de inicio |
Polo director territorial |
