Este departamento territorial está tramitando a solicitude de concesión administrativa presentada por Hidroeléctrica de Portocelo, S.L. para ocupar unha superficie de catro mil oitocentos trinta e cinco con noventa e tres metros cadrados (4.835,93 m2) de dominio público marítimo-terrestre con destino a dique, toma e tubaxe de toma/restitución de auga, no concello do Rosal (Pontevedra) (CONC-PO-2026-011).
De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei de costas), e no número 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.
A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica
As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03222).
Pontevedra, 8 de xullo de 2026
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
