DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40017

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2026 pola que se modifica a composición da Comisión Interuniversitaria de Galicia para o curso 2025/26.

A consellería competente en materia de educación nomea os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia, en virtude do disposto no convenio asinado, o 12 de marzo de 2001, polos reitores das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en presenza do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e na Orde do 24 de marzo de 2011.

O 10 de novembro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 30 de outubro de 2025 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se fan públicos os parámetros de ponderación de materias para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia no curso 2026/27, aprobados nos respectivos consellos de goberno das universidades públicas de Galicia.

O 26 de xuño de 2026, a reitora da Universidade de Vigo comunica á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que designa como delegada da Universidade de Vigo para a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), a María del Carmen Cabeza Pereiro, con efectos do 25 de xuño de 2026.

De conformidade co exposto,

DISPOÑO:

Artigo único

Noméase a María del Carmen Cabeza Pereiro membro da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para o curso 2025/26, como delegada da Universidade de Vigo en substitución de Iván Carlos Area Carracedo.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional