DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40243

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 15 de outubro de 2025 (DOG do 28 de outubro e BOE do 27 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir vinte e dúas (22) prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 18 de febreiro de 2026 (DOG do 26 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 2 de outubro de 2026, ás 9.15 horas, na aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; avenida do Burgo, s/n, 15782 Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela