DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 143869 e oito máis).

Logo de tentar a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial (Tarxeta Sanitaria), sitas na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese de que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, considerarase que desiste da súa petición.

Vigo, 8 de xullo de 2026

A directora territorial de Pontevedra
P.V. (Decreto 144/2024, do 20 de maio; DOG núm. 101)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

143869

VK9647867 (NIE Z1729153H)

14.4.2026

146344

Z3620158D

20.3.2026

147922

3N7FIE6E600061146540M (representante 120722403)

12.3.2026

149645

N574911 (NIE X8564293J)

5.5.2026

149971

MT8132469

24.4.2026

150150

Z2670010Z (pasaporte 314802886)

30.4.2026

150576

AY5892539

28.4.2026

150878

HO6140368

30.4.2026

151232

058902274 (NIE Z3461102K)

5.5.2026