DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2025/34 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal resulta preceptiva a publicación no Boletín Oficial del Estado cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 8 de xullo de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2025/34 ATE.

Denominación: Regulamentación LMTA PAL805 e PAL806 no tramo entre apoios núm. D11 e núm. D16 no concello de Palas de Rei.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Titular

Data de actas

Hora

3

1

362

Herdeiros de Dosinda Besteiro Rouco

1.10.2026

10.00