DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0309/2026-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0309/2026-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 8 de xullo de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-PO-0309/2026-PPM

135886376

Inicio

PSC-PO-0323/2026-PPM

35488989N

Inicio

PSC-PO-0339/2026-PPM

X0562476B

Inicio