A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 15 de xuño de 2026, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade PO-0085-2024.
Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución á interesada con documento nacional de identidade 76848957T, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar esta notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
