De conformidade co disposto no artigo 104.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncioo emprazamento do acordo polo se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira, entre os concellos de Ribadavia e Cenlle (Ourense).
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Persoas interesadas ás cales, logo de intentada
a notificación, non se lles puido efectuar
|
Nº expediente |
Procedemento |
DNI |
Acto que se notifica |
|
PAIP_24_01 |
Aprobación de polígonos agroforestais de iniciativa privada. |
44481791K |
Notificación do acordo polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira, entre os concellos de Ribadavia e Cenlle (Ourense). |
|
PAIP_24_01 |
Aprobación de polígonos agroforestais de iniciativa privada |
José Ramón Rodríguez Veloso |
Notificación do acordo polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira, entre os concellos de Ribadavia e Cenlle (Ourense). |
|
PAIP_24_01 |
Aprobación de polígonos agroforestais de iniciativa privada |
Julio Gil Iglesias |

José Vázquez Domínguez |

María del Carmen Expósito Olleros |