DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40405

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro e segundo exercicios.

Na sesión que tivo lugar o 7 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), modificada pola Resolución do 9 de xuño de 2026 (DOG núm. 111, do 16 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no primeiro exercicio por unha persoa aspirante que segue sen superar o dito exercicio, polo que non varia o número de persoas aspirantes que acadaron a puntuación mínima de 30 puntos nin o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Terceiro. Publicar a nova puntuación obtida no portal web corporativo:

funciónpública.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal