DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40401

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 8 de xullo de 2026 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro).

Mediante a Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG número 32, do 17 de febreiro), convocáronse procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A). A base vixésima desta orde establece que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Así mesmo, na Orde do 1 de agosto de 2025 publícase a relación do persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro) (código de procedemento ED001A).

Así mesmo, mediante a Orde do 4 de agosto de 2025 noméanse como persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) as persoas aspirantes aos devanditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 1 de agosto de 2025 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos de acceso e ingreso convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro). Nesta orde noméanse como funcionario en prácticas as persoas ás cales lles foi concedido un aprazamento na fase de prácticas no curso académico 2024/25 (Diario Oficial de Galicia número 163, do 26 de agosto de 2024).

Posteriormente, mediante a Orde do 9 de outubro de 2025 modifícase a Orde do 1 de agosto de 2025 na especialidade 590212, Oficina de Proxectos de Construción, en que se coloca a Antonio Arregui Iglesias (NIF ****6002*) no número de orde 5, coa puntuación total no concurso-oposición de 5.8430 (puntuación fase oposición: 6.2644 e puntuación proba: 5). Noelia Varela Barreiro, cunha puntuación de 5.5332, pasa a ocupar o número de orde 6.

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro), coa excepción das persoas que se indican no anexo I de esta orde.

Segundo. Aceptar a renuncia presentada por Diego Fernández Nieto, con DNI ***1929**, e declarar a perda da súa condición de funcionario en prácticas na especialidade de Instalacións Electrotécnicas do corpo de profesores de ensino secundario, así como de todos os dereitos inherentes á súa participación no procedemento selectivo convocado pola Orde do 14 de febreiro de 2025 con efectos do 31 de agosto de 2025.

Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento convocado pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro) e que figuran no anexo II de esta orde.

Cuarto. Declarar exento na fase de prácticas por resolución desta consellería a Daniel Cajoto Otero, DNI ***8679**, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro) na especialidade de Mantemento de Vehículos do corpo de profesores de ensino secundario.

Quinto. Contra esta orde, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Relación de persoas que non superaron a fase de prácticas

a) Por obter a cualificación de non aptas:

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***4226**

Leite Herbello, Pablo

Profesorado de ensino secundario

Tecnoloxía

ANEXO II

Relación de persoas declaradas aptas na fase de prácticas que superaron o procedemento convocado pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro)

DNI/NIE

Nome e apelidos

Corpo

Especialidade

***9147**

Alba Rozas Arceo

Profesorado de ensino secundario

Lingua e Literatura Galega

***0806**

Alicia Rioboo Vidal

Profesorado de ensino secundario

Física e Química

***8746**

Andrés González Fariñas

Profesorado de ensino secundario

Instalacións Electrotécnicas

***8762**

Ángela Bernárdez Castro

Mestres

Educación Primaria

***8578**

Iván Claudio Fernández Novoa

Profesorado de ensino secundario

Tecnoloxía

***4255**

Lara María Edreira García

Profesorado de ensino secundario

Inglés

***1053**

María Cristina Gómez Álvarez

Profesorado de ensino secundario

Procesos da Xestión Administrativa

***7585**

Santiago Moroño Arenas

Profesorado de ensino secundario

Equipos Electrónicos

***1772**

Silvia María Mira Reymúndez

Profesorado de ensino secundario

Procesos de Produción Agraria

***4500**

Tania Capón González

Mestres

Música