DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40397

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle adxudica destino nas oficinas xudiciais que se relacionan no anexo I ao persoal funcionario do corpo de auxilio xudicial, nomeado funcionario de carreira do corpo de auxilio xudicial pola Orde do 8 de xullo de 2026, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocada pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza resolveuse adxudicar destinos nas oficinas xudiciais que se relacionan no anexo I ao persoal funcionario do corpo de auxilio xudicial, nomeado funcionario de carreira do corpo de auxilio xudicial por Orde do 8 de xullo de 2026, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. As persoas funcionarias do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza a que se lles outorga destino, deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do 1 de setembro de 2026, de acordo co establecido no artigo 29 do citado Real decreto, e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. As persoas funcionarias destinadas en virtude desta resolución, que pertenzan xa como titulares ao corpo de tramitación procesual e administrativa ou xestión procesual e administrativa e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos, non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, abondará con que, dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro, comuniquen, se é o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos esta opción, para os efectos da declaración da excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que se lle declara en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do persoal da Administración de xustiza.

Terceiro. No caso de que as persoas funcionarias optasen por ingresar no corpo de auxilio xudicial e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da Xerencia Territorial ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa ou xestión procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous, en caso contrario, agás aqueles que teñan que desprazarse desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, nese caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados, e deberán gozarse, en calquera caso, dentro do prazo posesorio.

No caso de que a persoa funcionaria proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberá remitirse a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa ou xestión procesual e administrativa e o cesamento automático coa data do día anterior en que se produza a toma de posesión no corpo de auxilio xudicial, ao obxecto de evitar interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. En calquera caso unha vez dilixenciada a toma de posesión, remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do persoal da Administración de xustiza, outro exemplar será entregado á persoa interesada e outro quedará para constancia no órgano xudicial.

Quinto. As persoas funcionarias interinas que actualmente ocupen prazas que foron adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, en virtude do artigo 498 da Lei orgánica do poder xudicial 6/1985, do 1 de xullo, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles aspirantes que teñen xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Sétimo. As persoas funcionarias do corpo de auxilio xudicial, ás cales se outorga destino en virtude desta resolución, malia seren destinadas con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos aterase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Oitavo. As prazas ofrecidas ás persoas aspirantes mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2026 (BOE do 3 de marzo), non adxudicadas nesta resolución, manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que poidan anunciarse como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga oferta de emprego público, ou no caso de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as desertas existentes.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente, no prazo de dous meses, segundo o disposto a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeneral de Xustiza

ANEXO I

Nº opositor/a

NIF

Apelidos, Nome

Unidade

Denominación

Código do posto

Localidade

Provincia

1

***8093**

Montilla Fernández, Gregorio

SCX de Pontevedra-Área Rexistro-Repartición e Asuntos Xerais

Auxilio-Rexistro-repartición e asuntos xerais

XG92582040360388040.00

Pontevedra

Pontevedra

2

***1866**

Bua Fernández, Elvira

SCX de Santiago de Compostela-Área Rexistro-Repartición e Asuntos Xerais

Auxilio-Rexistro-repartición e asuntos xerais

XG92582040150788022.00

Santiago de Compostela

A Coruña

3

***5530**

Moure Abad, María Ángeles

SCX de Lugo-Área Rexistro-Repartición e Asuntos Xerais

Auxilio-Rexistro-repartición e asuntos xerais

XG92582040270288024.00

Lugo

Lugo